Non puidemos convocar nin preparar ben este acto nin preguntar a mais persoas da Revolta, pois pasamos tarde a proposta de convocatoria, quen poida ou queira vir con os instrumentos vamos tocar dúas pezas pasodobre dos cabezudos e muiñeira de patelas
Motivado polas previsións meteorolóxicas de hoxe venres, o Acto Poético-Musical en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, convocado para a rúa do seu nome en Canido, trasládase ao salón de actos da Sociedade Galega de Historia Natural, situado na antiga casa do Coronel, na Porta de Canido.
Será ás 6 da tarde, e convocan:
A Revolta de Trasancos, Lefre de Caldereta, Ateneo Ferrolán, Muiño do Vento, Fuco Buxán, IES de Canido, Poesía Salvaxe e Bartoleta Teatro.