segunda-feira, 29 de abril de 2013

..concentración de protesta gaseiro nº 145 hoxe luns 29 de Abril ás 8 do serán..




..estando prevista a entrada na ría, do gaseiro cargado con GNL nº 145 "LNG Bilbabao Knutsen" o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca a concentración de protesta e denuncia nº145 diante do Edificio da Xunta de Galicia en Ferrol na praza Amada Garcia..

características do buque:

Nome.- LNG Bilbao Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.53 m, Puntal.- 25.40 m, Calado.- 12.30 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !

-- Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

sexta-feira, 26 de abril de 2013

VI semana da poesía salvaxe.. a palabra encarnada




Os vindeiros días 24 25 26 e 27 de Abril, celébrase en Ferrol a VI semana da poesía salvaxe..

A palabra encarnada

coa colaboración da A.C. Fuco Buxán e Lendo Poesía..

Recitais e actuacións musicais terán lugar, nestas datas, en distintos espazos públicos da cidade, segundo o programa http://gvich.net/PSalvaxe/VI_Poesia_Salvaxe2.html que comeza o mércores 24, ás 18,30 hs, na Praza de Armas coa lectura do Manifesto.

quinta-feira, 25 de abril de 2013

Este Xoves 25 de Abril Stop-Desafiuzamentos no Pleno do Concello de Ferrol





Todas e todos ao Pleno do Concello de Ferrol

Este Xoves 25 de Abril, ás 18:30hs, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 116 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil. Media hora máis tarde está previsto que que comece o Pleno, onde unha Comisión de Afectadas e membros da nosa Rede, teñen solicitado a intervención no mesmo de Laura Luz Garcia Rivero. Que expoñerá a situación do colectivo de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil.

O 12 de Abril, presentou-se no rexistro do Concello unha reclamación como persoas afectadas, que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda. Sabemos que hai vivendas baleiras aptas para vivir, que só necesitan sinxelas reformas ou reparacións. Non se pode permitir que estean tapiando as vivendas baleiras e pola contra estas non se adxudiquen, segundo o disposto no punto 7 do Artigo 2, do Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas protexidas do barrio de Recimil. A situación económica, desde o 2010, destas familias, segue sendo moi difícil, mesmo empeorou, polo que necesitan que se lles adxudiquen e entreguen as vivendas sen demora.

Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, solicitaron unha reunión co Sr. Alcalde. A nosa intención era a de presentar as nosas queixas e de reclamar as nosas demandas. Foi o 12 de abril, cando solicitamos por rexistro unha xuntanza urxente. Mais o luns 15 de abril, cando algunhas das persoas membros da Comisión, ían concretar o día da reunión co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, mantiveron un contacto onde lles pediu dous ou tres días máis de prazo, mais nós démoslle catro, para ter algo máis concreto para falar con nós, dicía, pois podería dispor dunhas 30 vivendas que podería adxudicar nos próximos días. Mais pasou o tempo e non temos noticias de Vostede. Polo que o pasado sábado, 20 de Abril, reiteramos, no rexistro do Concello, a petición para que nos concedera, unha xuntanza de urxencia con el e co concelleiro e concelleira, responsábeis de Patrimonio e Benestar Social.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es
No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

quarta-feira, 17 de abril de 2013

..prevese a entrada na ria de ferrol do gaseiro cargado con gas natural nº 143 este xoves 18 de abril..





..concentración de protesta nº 143 diante o Edificio da Xunta de Galicia na praza Amada Garcia de Ferrol ás 8 da tarde..


Características do gaseiro:

Ano Construción.- 2004. Bandeira.- Bermudas. Eslora.- 288 m. Manga.- 48 m. Puntal.- 62.75 m. Calado.- 12.32 m. Capacidade.- 141.000 m³ de GNL.


-- Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

domingo, 14 de abril de 2013

..concentración de protesta hoxe Domingo 14 de Abril ás 7 da tarde diante do edificio da Xunta na praza Amada García Ferrol..





..estando prevista a entrada na Ría, do gaseiro cargado con gas natural licuado nº 142 Madrid Spirit, prevese concentración de protesta nº142 na pza Amada García..


Características Buque:

Nome.- Madrid Spirit. Ano Construción.- 2005. Bandeira.- España. Eslora.- 285 m. Manga.- 42 m Puntal.- 57.94 m. Calado.- 12.2 m. Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

-- Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc