quarta-feira, 24 de julho de 2013

..este mércores 24 de Xullo de 2013 ás 8 da tarde no peirao de Curuxeiras..concentración de protesta nº 150 pola entrada na ria de Ferrol do buque cargado con gas natural licuado nº 150..


a marcha a pé atravesando a ponte das Pías a pasada semana


Anunciada a entrada na nosa ria do gaseiro nº 150 “Stena Blue Sky” cargado con GNL para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca


CONCENTRACIÓN

Mércores, 24 de xullo 2013, ás 8 da tarde no Peirao de Curuxeiras – Ferrol

Características do buque

Nome: Stena Blue Sky, eslora: 285,4 m, manga: 43,44 m, Puntal: 26m, calado: 11,5 m.

PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !

--
Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

quarta-feira, 17 de julho de 2013

7ª marcha a pé Ferrol Mugardos, PECHE XA !!


marcha a pé Ferrol Mugardos do 2009


Venres 19 de xullo 2013 ás 5 da tarde desde o Parque Carmelo Teixeiro en Caranza Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a 7ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, co lema PECHE XA !!

A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 5 da tarde do parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá as camiñantes e a quenes por calquera medio, bici, carro, lancha... se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo.

O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da ría e a destrución do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa ubicación confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo e o innecesario da súa actividade pola falta de demanda, funciona ao 30% co gasoduto de Tui pechado, e polo antieconómico dos seus resultados, cústanos 60 millóns de euros/ano a toda a cidadanía.

Esixindo o PECHE XA !! todos e todas a Mugardos o próximo venres 19

segunda-feira, 15 de julho de 2013

..contas lumeirada 2013




partimos da seguinte situación económica 685'15 € na conta e 53'56 € en metálico total 738'71

total de caixa 2321'83

gastos 1044'51

35'30 kg de chourizos a 5'55 €/kg + iva + imp. residuos 217'44

viño, bebidas, carbón, varios 101'41

28'320 kg de sardiñas a 5'99 €/kg 169'64

55 kg de pan a 2'50 €/kg 137'50

servizo de cervexa 418'52

resultado 1277'32

gastos comisións mantemento e administración da conta 15'00 € e 1'20

ficamos na seguinte situación económica a 9 de xullo de 2013 na conta 668'95 € e en metálico 1330'88 € total 1999'83

sexta-feira, 12 de julho de 2013

sábado 13 de xullo ás 8 da tarde no peirao de Curuxeiras en Ferrol, concentración de protesta gaseiro cargado con gas natural licuado nº 149




Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 149 "STX Frontier", o Comité Cidadán de Emerxencia convoca

CONCENTRACIÓN

Sábado, 13 de xullo, ás 20 hs, no Peirao de Curuxeiras

Características do buque:

Nome.- STX Frontier, Bandeira.- Singapur, Eslora.- 288.6 m, Manga.- 44.03 m, Calado.- 12.50 m, Capacidade.- 153. 000 m³ de GNL

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !

Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc