segunda-feira, 17 de dezembro de 2012

Este martes 18 de Decembro ás 7 da tarde no local da asociación veciñal de Esteiro, plenario do Encontro Social..

aquelas persoas da Revolta que queiran e estean animadas a ir, adiante, de 7 da tarde a 9 da noite, falaranse dos seguintes temas..

 Obxectivo da reunión:
  • Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos (Grupo Finanzas Éticas ..., Comisión Roupeiro ...,, e outros se a houber.
  • Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
  • Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, ...)
  • Avaliar os avances do Encontro neste primeiro ano de funcionamento.
  • Tratar outros asuntos de interese.

Orde do día:
  1. Constitución de Arméria Soc. Coop., últimos pasos.
  2. Local de Arméria na Traseira do Mercado de Caranza (Legalización, Dotación e Abertura).
  3. Información da Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - STOP-Desafiuzamentos.
  4. Constitución dunha Comisión de Xustiza Social - Regulamento do 'Peto Solidario' - Caso 'A' - Préstamo Pago Multa. Valoración.
  5. Constitución da Comisión de Arméria para Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man.
  6. Información sobre a presentación do Banco de Tempo.
  7. Valoración Mobilizacións (En defensa da Sanidade Pública; 10D Acción da Marcha Mundial ...; Por unha Xustiza para to@s; Acción Día das Migracións 18D; ...).
  8. Pasos dados na proposta de Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas.
  9. Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, Unidade Sindical, ...)
  10. Un ano de Encontro Social - Avaliación e Propostas.
  11. Outros asuntos se os houber.
Lembramos que este é unha orde do día aberta quen quixer tratar algún asunto que o envie a o correo-e de coordinación do Encontro:

forosocialdeferrolterra@gmail.com

Ferrol Terra, 8 de Decembro de 2012

http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/