sexta-feira, 16 de maio de 2008

Dia das Letras 2008

A Revolta acordou participar na autoconvocatória das entidades vecinhais, sociais e culturais, promovida pola Asociación Veciñal de San Xoán - Bertón concretada num Acto Festivo e Reivindicativo na Defensa da Língua, na Praza Rosalía de Castro de Ferrol, Sábado 17 de Maio, às 12:30 hrs. Manifestos, Poesia, Flores e Música. Logo juntaremo-nos no Local social da Gándara, para confraternizar num jantar de Maio.

PARTICIPA !!

Em Galego 365 dias !
Em Galego é posível !
_____________

A Nossa Língua é Internacional

A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:

1.- Denunciar as políticas de substituiçom lingüística que levamos sofrendo durante os últimos 25 anos, disfarçadas de falsa normalizaçom lingüística.

2.- Exigir o reconhecimento da condiçom internacional da nossa Língua, que com a variedade própria das línguas internacionais é falada por centos de milhões de pessoas no mundo, quer como língua nativa, como é o caso dos galegos, quer como língua oficial de oito Estados, ou como língua cada vez mais estudada em todo o mundo polas vantagens das línguas internacionais.

3.- Denunciar as autoridades e administrações públicas que, em vez de garantirem os direitos lingüísticos e democráticos do Povo galego, discriminam e perseguem aqueles que nom aceitam a deriva de substituiçom lingüística e dialectizaçom castelhanizadora do Galego que o torna desnecessário no seu próprio País.

4.- Apoiar a iniciativa aprovada no Parlamento por unanimidade reclamando a recepçom das rádios e televisões portuguesas na Galiza, que pedimos que se efective desde já e que nom fique numha simples declaraçom sem vontade real de a levar a cabo.

5.- Denunciar também os grupos extremistas que, protegidos por certos sectores políticos, atacam o direito e a liberdade de vivermos na Galiza em galego.

6.- Finalmente, apelamos a toda a sociedade para exigir umha mudança das políticas que tornam a Língua desnecessária e dialectal, como forma de impor o uso do castelhano, por políticas que garantam os nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos, assegurando que o Galego continue a ser a língua própria dos galegos e galegas, e umha língua extensa e útil.

Adiram ao Manifesto da Associaçom Galega da Língua

Associaçom Galega da Língua
http://www.agal-gz.org/
agal[arroba]agal-gz.org
Ap.do dos Correios, 453. 32080 Ourense (GALIZA)
Tel.: +34+ 988 441109 - Fax: +34+ 986 438856

________________



http://www.amesanl.org/18maio2008/amesa468x60.gif

Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO


As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

Lembra que o vindeiro domingo 18 de maio esta grande manifestación partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.

Lista de apoios.

Como recibir os apoios.

Autobuses desde Ferrol: saída ás 10.30 da mañá da praza de Galiza, diante do Teatro Jofre. [Telefone para apontarse - 690 30 72 45 - Carlos Outeiro]

Maio, 2008

A MESA pola Normalización Lingüística
_____________

A Revolta nos Maios 2008


A Revolta celebramos a chegada da Primavera 2008, coa construçom do nosso Maio na Praça da Gándara, o passado Sábado 3 de Maio.

En poucos dias publicaremos o Album de Fotos no Blog