sexta-feira, 28 de junho de 2013

lumeirada 2013




..a construción da lumeirada desde pola mañá, até as primeiras grelladas de sardiñas e chourizos desta fermosa lumeirada 2013..



enlace ao album de fotos

https://picasaweb.google.com/114109206616044822479/Lumeirada2013#slideshow/5894428018402033090

quinta-feira, 27 de junho de 2013

..manifestación comarcal en defensa da sanidade pública xoves 27 de Xuño ás 7 da tarde..




..A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública área sanitaria de Ferrolterra chama a todas as persoas da comarca a manifestarse este xoves 27 de Xuño ás 7 da tarde desde a praza de España até a praza de Armas diante do edificio do concello de Ferrol..

..contra os recortes, as privatizacións e o repago..

mais información en.. http://plataformadspferrol.blogspot.com.es

quarta-feira, 19 de junho de 2013

..O que falamos na pasada asemblea para preparar a lumeirada..


cartaz da lumeirada 2013


..reducimos as cantidades dos produtos para mercar este ano pois sobrou na anterior sardiñada..

..os prezos aprobamos que foran os de fai dous anos..

..as quendas de traballo serán por horas, comezará ás 6 da tarde e rematará as 2 da madrugada sendo prorrogábel até as 3 da madrugada, haberá un cuadrante onde ao longo do día poderemos anotarnos onde mellor nos conveña, incluíndo a quenda de recoller..

..o espazo onde se serve a comida será independente do espazo onde se serve a bebida..

..o próximo venres pola tarde ficamos para cortar a herba na zona da lumeirada, sempre que antes non a corte o concello..

..o domingo 23 de xuño a partires das 11 da mañá iremos montando a infraestrutura..

..editaremos de urxencia unhas poucas camisolas da Revolta, para as persoas que non a teñan, con o deseño da man e a pandeireta..

sábado, 15 de junho de 2013

..manifestación pola defensa do dereito ao ABORTO LIBRE E GRATUÍTO.. As mulleres decidimos! este domingo 16 de xuño ás 5 da tarde diante da estación de tren en Compostela..


unha das manifestacións da marcha mundial das mulleres destes últimos anos


A Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto convoca manifestación..

..o Goberno Central e, máis concretamente, o Ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón, anunciou un cambio lexislativo en materia de Interrupcións Voluntarias do Embarazo que previsiblemente nos devolverá máis atrás de 1985, expondo a volta a un sistema de supostos..

mais información en

Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

Marcha Mundial das Mulleres
http://www.feminismo.info/webgalego/

A Plataforma polo dereito ao aborto de Ferrolterra, oferta buses con saida dende Correos, con paradas en Caranza e en Fene, para o domingo 16 ás 15:00 horas.

O prezo será de 5€.

Todas as persoas interesadas, e para toda a información que precisedes, podedes apuntarvos chamando aos seguintes números de teléfono

659352044

981352817

..concentración de protesta pola entrada na ria do gaseiro cargado con gas natural licuado nº 148, este Domingo 16 de Xuño ás 8 da tarde na praza Amada García en Ferrol..


fotografía do bloqueo ao gaseiro Galicia Spirit na Ría de Ferrol, cando pretendia entrar cargado con gas natural licuado para REGANOSA, Maio do 2007


..prevista a entrada, na ria de Ferrol, dun vello gaseiro de 33 anos de antigüidade, cargado con GNL, nº 148 "LNG Edo", o Comité Cidadán de Emerxencia convoca..

CONCENTRACIÓN

Domingo, 16 de xuño ás 20 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García, Ferrol

Caracterísitcas do buque

Nome.- LNG Edo, Ano Construción.- 1980, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 285.3 m, Manga.- 43.7 m, Puntal.- 25 m, Calado.- 11.53 m, Capacidade.- 126 530 m³ de GNL

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !

Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

quinta-feira, 13 de junho de 2013

..asemblea da Revolta mañá venres 14 de Xuño de 8 da tarde a 9 do serán..




..falaremos da lumeirada, que mercamos e como a organizamos..

..camisolas, editamos novas camisolas ? danos tempo antes da lumeirada ? chegan os cartos ?

terça-feira, 11 de junho de 2013

..folga xeral comarcal este mércores 12 de xuño..




..para todas as persoas que non están nun centro de traballo organizado sindicalmente, para todas aquelas persoas que están desempregadas, que están xa xubiladas e queiran participar na xornada de folga, poden acudir aos locais dos diferentes sindicatos CNT, USTG, UGT, CCOO, CIG.. e preguntar os horarios dos diferentes piquetes informativos, a manifestación sairá ás 12 da mañá desde o Inferniño..

segunda-feira, 3 de junho de 2013

..acción popular carga de dignidade do pasado domingo..


vídeo da acción de carga de dignidade de onte domingo 2 de xuño

Neste correo cargadedignidade@gmail.com podedes mandar as vosas fotografías, vídeos, textos breves ou poesías alusivas á acción popular Carga de Dignidade. Todo o material recompilado verá pronto a luz no blogue creado para o evento http://cargadedignidade.blogspot.com.es Farase constar a autoría de todo o material cedido.

Na mesma liña de Acción Artística Colectiva habilitamos este email filmecargadedignidade@gmail.com para que nos enviedes vídeos feitos por vos, ben con videocámara ou mesmo cos vosos smarthphones. O propósito será armar un documental. Recomendamos que mandedes os vosos arquivos de vídeo a través de wetransfer www.wetransfer.com

GRAZAS COMPAÑEIR@S!!

sábado, 1 de junho de 2013

..este domingo 2 de xuño ás 11 da mañá na porta do estaleiro en Ferrol.. carga de dignidade..


vídeo anunciando a carga de dignidade, radio bugina


.. esta iniciativa parte de radio bugina que son xente artista que viñera de participar na loita contra o petróleo da mentira e manipulación cando do prestige desde a asociación burla negra..

..a estas persoas artistas chamoulles a atención a maneira de protestar das traballadoras e traballadores dos estaleiros da ria colgando a roupa de traballo nas farolas..

..facer unha acción similar.. contando con a participación do tecido asociativo da comarca e con toda a cidadanía levando ademais de roupa de traballo, roupa de todo tipo mostrando que nos afecta a todo o mundo a destrución dos postos de traballo..

..facer ao mesmo tempo da acción un programa en directo de radio con música e entrevistando á xente para falar da situación.. contando con a presencia de Xurxo Souto..