quinta-feira, 28 de novembro de 2013

mobilización xeral esta fin de semana..




29 de Novembro venres, peche na factoría até as 18:00 hs e visita ao Pleno do Concello de Ferrol. Convocada polos Comités de Navantia Fene e Ferrol e comités das compañías auxiliares, para posteriormente participar na Concentración Comarcal Noite de Defuntos convocada polas centrais sindicais.

1 de Decembro domingo, manifestación cidadá en Ferrol convocada polos Comités de Navantia Fene e Ferrol, e comités das compañías auxiliares

1 de Decembro domingo manifestación de NUNCA MAIS ás 12:30h. con saída desde a Praza do Inferniño.

xúntanse as dúas manifestacións do domingo





O venres 29 de Novembro ás 19:30 h. antes da noite de defuntos convocada polas centrais sindicais, preséntase na Galería Sargadelos, o documental "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa.

http://cargadedignidade.blogspot.com.es/2013/11/carga-de-dignidade-filme-promo.html

domingo, 24 de novembro de 2013

aulas de pandeireta.. mañá luns 25 de Novembro ás 7 da tarde no local da Revolta




..as persoas que queiran participar nas aulas de pandeireta, quedamos no local o luns 25 de Novembro as 7 da tarde, para falar coa rapaza que vai dar as aulas e quedar no dia e hora que nos veña mellor a todos e todas. Xa levamos as pandeiretas e si podemos algunha a maiores por si alguén a precisa.

segunda-feira, 18 de novembro de 2013

bandeira para colgar por fora das casas




continuando con a loita da pasada folga xeral comarcal, os sindicatos editan esta bandeira para colgar por fora das casas, e fan un chamamento ás persoas das comarcas, ao tecido asociativo.. para mobilizarse e non permitir que nos rouben os dereitos humanos, vivenda, traballo, saúde, educación, xustiza, igualdade, non discriminación, saúde da terra e mar.. o roubo dos dereitos humanos para a súa venta condúcenos á miseria..

domingo, 17 de novembro de 2013

O que falamos e decidimos na pasada asemblea do venres 15 de Novembro de 2013 ás 8 do serán..




..decidimos despois dun amplo debate seguir adiante co curso de pandeireta e abrir un debate amplo sobre os usos do local.

..decidimos facer unha asemblea o sábado 30 de Novembro ás 6 da tarde para debater e tomar decisións sobre dous temas, a rotación nas responsabilidades e os usos do local. Podedes dende xa mandar as vosas propostas por escrito ao correo ou presentalas de palabra na mesma asemblea.

..proposta de Xiao de facer unhas aulas de batucada con percusión de fondo.

..proposta de Dani de comunicarnos a Revolta cun grupo de Wasapp a parte dos correos electrónicos.