domingo, 8 de novembro de 2009

A Revolta no Magosto Popular contra a Planta de Gas que organizou o Comité Cidadám

Organizado polo "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", celebrou-se, este Sábado 7 de Novembro de 2009, entre as 6 da tarde e 10 da noite, na Praça do Inferninho de Ferrol, um Magosto Popular e o 1º Concurso de Cabaças: “A Ría é nosa e non de Reganosa”, com prémios às categorias infantil e adulto, dentro do Magosto Popular contra a planta regasificadora de REGANOSA, planta de gás, irresponsabelmente instalada no coraçom da nossa Ria, no concelho de Mugardos.

A Revolta de Trasancos consigueu o primeiro prémio como colectivo e o pequeno Adrián, de 5 anos de idade, também componhente d'A Revolta, levou o primeiro prémio na categoria de infantil. Apesar da forte chuvia, ainda que intermitente, moitas forom as pessoas que se achegárom até o Magosto do Comité. Na baixa luminosidade da praça do Inferninho, as cabaças acesas resaltavam as consignas reivindicativas que as adornavam. O frío e o mal tempo, nom impedirom disfrutar do lume, das castañas, viño, liscos e música.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org





Para baixar as fotográfias nun dos dous enlaces
:
______________________

quarta-feira, 4 de novembro de 2009

Magosto Popular contra a Planta de Gas, este Sábado 7 de Novembro


[Para ampliar clicar acima do cartaz]

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, este Sábado 7 de Novembro 2009, ás 6 da tarde, na Praza do Inferniño de Ferrol. Terá lugar o 1º Concurso de Cabazas: “A Ría e nosa e non de Reganosa”, Con premios ás categorias infantil e adulto, dentro do Magosto Popular contra a planta regasificadora de REGANOSA, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos.

Ven e participa ! Haberá castañas, viño, liscos e música.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
31 de outubro de 2009 00:05

Fonte: Colectivo Ártabra 21

____________________

terça-feira, 3 de novembro de 2009