quinta-feira, 23 de maio de 2013

..este venres 24 de Maio ás 6 da tarde desde a praza de Amboaxe en Ferrol.. RUEIRO REIVINDICATIVO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES EN FERROLTERRA


manifestación internacional en Vigo da marcha mundial das mulleres no 2008


A Marcha Mundial das Mulleres nun día de loita feminista como é o 24 de maio, Día Internacional pola Paz e a Desmilitarización, QUEREMOS, na cidade de Ferrol, reivindicar a visibilidade e lembranza das mulleres asasinadas en Galiza pola violencia machista.

Ao traveso do que chamamos “Rueiro reivindicativo de lembranza” pola cidade, “imos vestir” os diferentes barrios, cos nomes das mulleres asasinadas, en protesta contra a prohibición da Concelleira de Igualdade, do pintado das súas siluetas na Praza de Armas.

PEDIMOS a implicación da cidadanía nesta reivindicación da Marcha Mundial das Mulleres e que nos acompañen no noso percorrido.

O rueiro comeza na Praza de Amboaxe e remataremos na Praza de Ultramar.

A hora de inicio deste rueiro será ás 18 horas.

Identificarémonos con vestimenta morada ou negra.

Teléfono de contacto: 696 732 735 (Anxela)

quarta-feira, 22 de maio de 2013

..concentración de protesta ás 8 da tarde na praza Amada Garcia.. contra a entrada na ria de gaseiro cargado con gas natural licuado..nº146..


cargueiro encaiado nas rochas na entrada da ria de ferrol esta semana..


Estando prevista a entrada na Ría dun vello gaseiro, de 33 anos de antigüidade, cargado con GNL nº 146 "LNG Abuja" o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

mércores, 22 de maio 2013, ás 20 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:

Nome.- LNG Abuja, Ano Construción.- 1980, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 285 m, Manga.- 44 m, Calado.- 11.4 m, Capacidade.- 126.530 m³ de GNL

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

-- Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

segunda-feira, 13 de maio de 2013

..manifestación Queremos Galego.. dia das letras galegas..




..este 17 de maio manifestación en Compostela.. vendo como os nosos nenos e nenas teñen que cambiar para o castelán para xogar e integrarse, a lingua galega séntese estraña na propia terra que a veu nacer..


http://www.queremosgalego.org

quinta-feira, 2 de maio de 2013

SÁBADO 4 MAIO desde as 11 da maña no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza




Ven facer o teu maio!

Os maios é unha festa popular de orixe ancestral
que exalta á natureza no esplendor da primavera.
Se tes traxe tradicional galego, engalana-te con
el e comparte con nós esta festa tradicional,
con flores e música.