segunda-feira, 25 de fevereiro de 2013

Hoxe lúns 25 de Febreiro ás 7 da tarde, concentración de protesta Gaseiro nº 136





..gaseiro cargado con gas natural licuado nº136 intenta entrar hoxe na ria de ferrol.. en resposta a concentración nº 136..


CONCENTRACIÓN

Lúns, 25 de febreiro, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García - Ferrol

Caracteristicas do buque:

Nome.- Methania, Ano Construción.- 1978, Bandeira.- Belgica, Eslora.- 280 m, Manga.- 41.6 m, Puntal.- 27.6 m, Calado.-11.72 m, Capacidade.- 131.235 m³ de GNL,

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Destrucción da ria nunca mais.. non ao trazado sur ao porto exterior..




Neste video recóllese simple e claramente as razóns polas que pretenden facer pasar o tren ao porto exterior sobre a ría, atravesando A Malata.



enlace ao blog

http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es

segunda-feira, 18 de fevereiro de 2013

contas antroido 2013





a 1 de Febreiro de 2013 partimos da seguinte situación económica

na conta 754'12 € e en metálico 461'23 € total 1215'35 €



Gastos total 822'86 €

  • 296'45 € pranchas de goma espuma 35 unidades

  • 25'41 € pranchas de goma espuma 3 unidades

  • 125'00 € consumicións hostalería Narón

  • 57'80 € consumicións hostalería Caranza

  • 115'00 € consumicións hostalería Ferrol

  • 55'00 € consumicións hostalería Fene

  • 148'20 € consumicións hostalería Ultramar Sartaña





Ingresos total 1096'45 €
  • 100'00 € axuda comparsas no Roxal

  • 250'00 € axuda comparsas en Narón

  • 596'45 € axuda comparsas en Ferrol

  • 000'00 € axuda comparsas en Fene, pendente de cobrar e saber a cantidade

  • 150'00 € axuda comparsas en Ultramar Sartaña




Aportacións económicas de todas as persoas que participaron dalgún xeito na comparsa deste antroido 2013 e que as axudas non darían para pagar..

..pinturas, colas, coches para os desprazamentos e todos os gastos que teñen, alimentos para compartir, enerxía para cociñar, impresión de cartaces e trípticos, deseño dos mesmos, internet para difundir o antroido, telefonía, gravación e fotos das actuacións, todos os traballos para facer os traxes, e todo o traballo en xeral para que este antroido 2013 fora moi ben, grazas a todas e todos..



A dia 18 de Febreiro de 2013 temos a seguinte situación económica na conta 1150'57 € e en metálico 241'52 € total 1392,09 €

domingo, 17 de fevereiro de 2013

Hoxe domingo 17 de Febreiro concentración ás 7 da tarde.. protesta pola entrada do gaseiro cargado con gas nº 135




..hoxe domingo entra na ria de ferrol cargado con gas natural licuado o gaseiro nº 135, na praza Amada García a concentración de protesta nº 135..


CONCENTRACIÓN

Domingo 17 de febreiro, ás 19 hs.

Diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García - Ferrol)

Características do buque:

Nome.- LNG Bonny, Ano Construción.- 1981, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 287 m, Manga.- 41.84 m, Puntal.- 14.48 m, Calado.-11.22 m, Capacidade.- 133.000 m³ de GNL

sábado, 16 de fevereiro de 2013

Información Antroido na Graña 2013..





..lugar e hora.. sede social da SDR Y da Graña ás 5 da tarde..

..percorrido.. saída desde o consultorio da Graña onde está a sede da asociación veciñal ás 5 da tarde, chegando á praza e rematando na SDR Y da Graña..

.. axuda ás comparsas.. unha pequena merenda

sexta-feira, 15 de fevereiro de 2013

A Revolta de Trasancos - Entroido 2013 Ferrol

Información Antroido Ultramar Sartaña 2013..




.. lugar e hora.. no comezo da rúa Sánchez Calviño na súa conexión con a estrada de Castela, ás 8'15 do serán..

..percorrido.. rúa Sánchez Calviño, rúa nova de Caranza, rúa Venezuela, praza de Ultramar.. vamos no posto nº 12..

..espectáculo.. so se canta unha canción, logo ao baixar do escenario hai que animar unha rúa do barrio..

..animación na rúa.. desta volta tócanos a rúa nova de Caranza..

..cea.. levar un pouco de comer para compartir..

..axuda ás comparsas.. un cheque por valor de 150 €..

quinta-feira, 14 de fevereiro de 2013

O sábado 16 de Febreiro manifestación STOP Desafiuzamentos




..lugar e hora.. praza Amada García diante do edificio da Xunta en Ferrol ás 12 do mediodía..


..video que anima a saír á rúa e denunciar esta inxustiza..

http://www.youtube.com/watch?v=yALn5aw6kFA&feature=youtu.be



..facebook de stop desafiuzamentos de ferrol terra rede de apoio mutuo..

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

quarta-feira, 13 de fevereiro de 2013

Información sobre o Antroido Fene 2013..




.. lugar e hora.. na rúa Cádavo fronte ao establecemento Aguilar concentración ás 5'30 da tarde..

.. percorrido.. ata o edificio do concello de Fene, vamos de nº 6

.. espectáculo.. só pasamos polo escenario, non actuamos, cousa que parece unha censura pois o ano pasado tampouco actuamos e nas bases aparece recollido que terán preferencia para actuar as comparsas que se presentan por primeira vez e as comparsas que non actuaron o ano pasado e levan mais de 3 anos participando no antroido de Fene.

.. nota.. xa temos o cheque de Ferrol 596'45 €, sempre queren levar a última palabra..

terça-feira, 12 de fevereiro de 2013

Antroido Ferrol 2013..



.. lugar e hora.. praza de españa ás 4 da tarde unha representación da comparsa..

.. desfile.. ás 5 da tarde xa ten que estar a maioría da comparsa, remata na praza de amboaxe..

.. espectáculo.. entre 5 e 8 minutos de actuación..

.. cancións.. a que fala do alcalde de Ferrol Croki e outra que decidamos..

.. hora da actuacíon.. temos que estar ás 8'25 do serán á beira do escenario para actuar ás 8'50..

.. hora para recoller o diploma.. ás 10'30 da noite unha persoa representante da comparsa..

..os principais problemas que vemos.. a privatización do antroido, xestión da organización concedida a unha empresa privada que ofrece un presuposto para organizar ó antroido, un malgasto mais do diñeiro público, pois o concello con persoal propio ou contratando xente podería organizar o antroido sen problema ningún..
..o antroido tipo espectáculo chamado "carnaval" con carrozas e variedades, o presuposto é de 36000 €, fonte Diario de Ferrol, a Revolta por participar e cumprir con as bases levará 755 € brutos que quedan en 600 €..

terça-feira, 5 de fevereiro de 2013

Antroido Caranza 2013




..o domingo 10 de Febreiro antroido en Caranza, organizado polas asociacións do barrio López Bouza, Fuco Buxán, AMPA do IES Carvalho Calero, AMPA do CEIP Manuel Masdias e A Revolta.
Sairáse as 5 da tarde de Telleiras facendo un percorrido polo centro do barrio e rematando na SCDR Galicia de Caranza, a carón do centro cívico. A música o baile e a actuación das comparsas que participen, amenizarán a tarde de antroido..