sábado, 17 de fevereiro de 2018

A Revolta no Enterro da Sardinha em Ultramar - Meig@s do Bosque Atlántico - Antroido 2018

A Revolta no Enterro da Sardinha em Ultramar. Meig@s do Bosque Atlántico. Entruido 2018. Vídeos: Actuaçom no Palco e Animaçom na Rua. Sexta-Feira, 16 de fevereiro de 2018.


https://youtu.be/ns-46wj5Kr0



https://youtu.be/X_mF1fx4WgI

---

sexta-feira, 16 de fevereiro de 2018

domingo, 11 de fevereiro de 2018

Em Narón - A Revolta de Trasancos Meig@s do Bosque Atlántico - Antroido 2018

Sábado 10 de fevereiro em Narón - A Revolta de Trasancos Meig@s do Bosque Atlántico - Antroido 2018.



https://youtu.be/7tIeNniohNA


https://youtu.be/F4c1jk_wOIY


https://youtu.be/FSskxoiH5uU


https://youtu.be/4pRLzqgwzdY


https://youtu.be/eCFzr1fBeN8


---

Calendario da Revolta no Antroido 2018

Lugar, dia e hora onde tem que estar A Revolta este Antroido 2018
  • Neda, sexta-feira (venres) 9 de Fevereiro 'saira o passa-ruas ás 8 e 1/2 da zona da Estaçom, até o Pavilhom onde actuaram as comparsas (A Revolta vai de comparsa convidada).
  • Narom, Sábado 10 de Fevereiro, às 5 da tarde no Pavilhom da Juventude, n'A Gándara. - Logo passa-ruas até Santa Icia, na pista da Solaina, onde estará instalada umha carpa, onde, passadas às 6 da tarde começaram as actuaçons das comparsas (A Revolta vai de comparsa convidada).
  • Ferrol, segunda-feira (luns) 12 de fevereiro, ás 6 da tarde na praça da Antiga Porta Nova (Praça de Espanha) e logo passa-ruas até a Praça de Amboage, onde às 7 e 1/2 da tarde começaram a actuar as comparsas.
  • Fene, quarta-feira (mércores), 14 de fevereiro, às 6 da tarde em Pérlio, para sair em passa-ruas até a Praça do Concelho, onde actuaran as comparsas que lhes toque este ano (A Revolta este ano nom cantamos).
  • No Enterro da Sardinha em Ultramar de Ferrol, sexta-feira (venres), 16 de fevereiro, às 8 da tarde, na cabeça da Rua Venezuela, perto d'As Pias, para sair em passa-ruas até a Praça de Ultramar, onde ás 9 da noite comezaran a actuar as comparsas. Logo amenizar pola rúa Ponzos e República Arxentina.
  • Valdovinho, sábado, 17 de fevereiro, concentración ás 5 da tarde na Porta do Sol, no estacionamento situado na parte posterior da Casa do Concelho. Saída ás 5 e 1/2 desde a rua Imeldo Corral, pola estrada principal. Desprazeremo-nos em passa-ruas até as inmediaçons da Casa da Cultura. Até Valdovinho imos em bus que pilharemos na rua Cuco Ruíz de Cortazar, frente a Pepe, ás 16:30hs.
  • Em Caranza, o sábado 24 de fevereiro, no local da Revolta, Xantar de Entroido: lacon con grelos, orelhas e freixos.


 PARA MAIS INFO CLICA ACIMA DE CADA CARTAZ 
----

quinta-feira, 1 de fevereiro de 2018

Letras Antroido 2018: Meigas e meigos do bosque atlántico d'A Revolta de Trasancos


Antroido 2018
A Revolta de Trasancos
Meigas e meigos do bosque atlántico.



ENCE E ALBERTO I
Conta o corvo que o cu de Albertito
caga bolas de eucaliptol
que o PP quere contento a ENCE
e que arrecenda o cu do presideeeeeen...
ten a teima de espantar vizinhos
non ao agro si ao monocultivo
e para ENCE reclama o rural
e cantan xuntos que viva o eucaliptal
Esta é biomasa
esta vai para papel
Alberto caga bolas mentras mira o monte arder
cruzado de brazos remata o plan de accion
con sobran brigadistas o que falta é oracion.

Conta o corvo que o cu de Albertito
arrecende a eucaliptol
presidente caga biomasa
que dixo ENCE canta mais melhor se paaaaaaa...
sabemos que ENCE é meiga chuchona
as chuchonas están no PP
o PP abre o monte ao eucalipto
para que a chuchona xiratoria vaia ben

Conta o corvo que o monte galego
mais que monte é un polvorin
que se prende unha chispa en Fene
en media hora a chispa esta en Lalin
Volte a terra para a gandeiria
volte a terra para cultivar
o conxuro Galiza non se vende
merda para ENCE, laparada nunca mais.


MANDA TRALLA (ODA AO ANTRUIDO)
Coa comparsa Trasanqueira
festa, de moito choio
onde lle aprendeu Antroido,
os recortes ao raposo
Nos terróns de Ferrol
i'esta firma do destino
non hai festa sen Antroido
e Antroido, sen festivo

E-man-da tralla, lume dentro,
neste Antroido Trasanqueiro
manda tralla en Ferrol
ate que tronce o muro de Batallóns
Manda tralla, lume dentro
neste Antroido Trasanqueiro
manda tralla en Ferrol
ate que tronce o muro de Batallóns

Vinteún anos de cantigas
sempre, dándolles caña
inda parece mentira
seguen os mesmos canallas
Nos terróns de Ferrol
i'esta firma do destino
non hai festa sen Antroido
e Antroido, sen festivo


A FRAGA DA REVOLTA

Na fraga da Revolta
conjuro imos fazer
e com estes meigalhos
imo-los dissolver.

Que nom paramos nunca
de cantar as verdades
e comemos chouriços
partidos em metades.

Este nosso Entroido
já semelha umha matança
que a todos os porcos
ainda que fuxam
alcança. (bis)

Na fraga da Revolta
conjurar conjuramos
orelhas e freixos
e algum fiscal papamos.

Na fraga da Revolta
um conjuro farei
para papar com unto
Presidente e o Rei

Este nosso Entroido...

Na fraga da Revolta
conjuro imos fazer
e com estes meigalhos
imo-los dissolver.

Que nom paramos nunca
de cantar as verdades
e comemos chouriços
partidos em metades.

Este nosso Entroido...

Na fraga da Revolta
conjuro imos fazer
e com estes meigalhos
imo-los dissolver.


QUEN NON BATA PALMAS É VIÚVA DE LUGO

Por ser as meigas dos montes
Temos feitizos e encantamentos
E pra botar nas cantigas
Temos ourizos dentro dun cesto
É por iso que levamos
Toucinho nun pao de castinheiro
E o pipote de mencía
cheo de folhas de bidueiro.

O Antroido chegou
Pola carvalheira
Se non hai lacón
Que ponhan cacheira
E que cale o cura
E que fale o unto
E abracadabra
quen non bata palmas
é viuda de Lugo. (bis)

Tenho a vasoira de xestas,
barre vasoira vasoira minha
Así cantaba unha meiga
mentras barría o chan da Galiza
E debaixo dunha alfombra
Chea de couza e toda enxurrada
Encontrou a Gloria Lago
Berrando “quiero ser castellana!”

Pasou na rede galega
No labirinto de sumidoiros
Pensaban que as toalhinhas
Eran causantes daquel desbordo
Mais cando foron mirar
Que era o que as andaba atragoando

Era Galicia Bilingüe
No seu ambiente espanholizando.


PARTIDO DE TREPAS GUAIS


-Partido de Trepas Guais “ímolo todo a mudar...”
*Pra faceres o de sempre da asemblea hai que pasar.
-Partido de Trepas Guais “activistas de verdá...”
*E acabades por votar co Partido Popular.
-Non podemos facer nada, non nos deixan facer...
*E mudades o cueiro coas empresas do PP.
-Manobramos, conspiramos a asemblea esnaframos...
*-Partido de Trepas Guais poder espectacular!!!

-Partido de Trepas Guais “ímolo todo a mudar...”
*Vaia carro de mentiras na campaña electoral.
-Partido de Trepas Guais “activistas de verdá...”
*O da esquerda rupturista era só por brincar.
-Non podemos facer nada, non nos deixan facer...
*O acordo de goberno só era un paripé.
-Manobramos, conspiramos a asemblea esnaframos...
*-Partido de Trepas Guais poder espectacular!!!

-Partido de Trepas Guais “ímolo todo a mudar...”
*E o da taxa do PP só é para despistar.
-Partido de Trepas Guais “activistas de verdá...”
*E o mercado de Caranza para centro comercial.
-Non podemos facer nada, non nos deixan facer...
*Valenos para advogados os mesmos que a SOCAMEX.
-Manobramos, conspiramos a asemblea esnaframos...
*Partido de Trepas Guais poder espectacular!!!

-Por fin cheguei ó concello!!
 *Esquecinme do programa ou do que sexa!!!
-Por fin cheguei ó concello!!


FEITIZO PELIQUEIRIL

Polo Antroido perdin o encaixe
e me chaman a desencaixada desencaixona
ai! de min polo Antroido véxome así.
Polo Antroido perdín as chocas e me chaman a
deschocada a desencaixada desencaixona
ai! de min polo Antroido véxome así.
Polo Antroido perdin a faixa.....
polo Antroido perdin o pano....
polo Antroido perdin a grabata...
polo Antroido perdin a pelica....
polo Antroido perdin a badana...
polo Antroido perdin a rabeira....
polo Antroido perdin a careta...
ai! de min e o feitizo peliqueiril!!!


CANTO AQUÍ E ONDE ME PETA


E agora que me puxeron
unha carouta na man
como se fose un feitizo
escomezamos a cantar.

Somos da Revolta somos
non o podemos neghar
se nos coñece nos traxes
 e no xeito de antroidar

Canto aquí, canto na rúa
canto onde me peta
Canto aquí canto na rúa
mellor se é dentro dun bar

E de invocaren as augas
inundamos o local
amañamos cun meigallo
e tornou o mencia

Imos dar a despedida
imos dála para ben
e ata dous mil dezanove
xa non nos volves a ver.


MEIGA PACA/ PEMBA LAKA

Guayané guai a meiga
a meiga meiga Paca
a Paca a lata sinte e
vai ao coro
no coro o xato Manuel,
Manuel muxe
no muxe muxe un gato
o gato Quico merecumbene
merecumbe co Suco
o cuco Suco a peza
a peza empeza cando
a meiga Paca dá na lata
a Paca chama ao coro
o coro koko, o coro imitando
ao polo puxando
ao polo ao coro.
o coro koko ao pito
o pito pita ao Suco
o Suco cuca ao gato
o gato mianha ao xato
o xato muxe e Paca
a Paca na Malata
e o coro koko detrás
“Quen non cante aturuxe”


AÍ LHE QUEDA O TARRINHO

Temos capas e caldeiros
e caixas con demanchinhos
e pra quen non quere Antroido
merda dentro dun tarrinho.

Non nos venham con censura
nom nos venham censurar
nós cantamos polo Antroido
vós na Cuaresma a chorar.

Danos o pote do Antroido
non nos deas da Cuaresma
a beata amargurada
é pesada e indixesta.

Xa se despidem as meigas
levamos aos demanchinhos
e pra quen nom quere Antroido
aquí lhe queda o frasquinho.

---
Antroido 2018
A Revolta de Trasancos
Meigas e meigos do bosque atlántico.

Triptico Antrido 2018. | Formato pdf. | Acceder/Baixar.


****************************************