domingo, 31 de março de 2013

..romaría de Chamorro.. A Revolta..





..este luns 1 de Abril romaría de Chamorro.. as previsións do tempo non son boas, decidimos comer no local.. cada quen leva a comida..

..quedamos ás 11'30 da mañá no local para deixar a comida e ir repartidos nos coches ata preto de Chamorro e subir á romaría e despois baixar ao local da Revolta a comer..

sexta-feira, 29 de março de 2013

sábado 30 ás 19 hs,Edif. Xunta, CONCENTRACIÓN Gaseiro nº 140





..gaseiro cargado con gas natural licuado nº140 vai intentar entrar na ria de ferrol este sábado, concentración de protesta nº140 na praza Amada García ás 7 da tarde..


Prevista a entrada na Ría do vello gaseiro (37 anos de antigüidade) cargado con GNL, nº 140 “LNG Lagos”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

SÁBADO 30 DE MARZO ÁS 19 HS

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Prza Amada García – Ferrol)

Características do buque:

Nome.- LNG Lagos, Bandeira .- Bermuda, Ano Construcion.- 1976, Eslora.-274.42 m, Manga.- 42, m, Calado.- 11.80 m, Puntal.- 26.14 m, Capacidade.- 122.000 m3 de GNL



Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

quinta-feira, 28 de março de 2013

Proposta de asemblea da Revolta para este venres 29 de Marzo ás 6 da tarde..





..falariamos de Chamorro, camisolas da Revolta, propostas 1º de maio e maios, aínda que falta un mes, se contamos con as outras asociacións hai que tratalo agora, contas da Revolta cociña e laconada.. temas que se queiran engadir..

quinta-feira, 21 de março de 2013

Este venres 22 de Marzo, 19 hs Edif. Xunta CONCENTRACION Gaseiro 139





.. vai entrar na ria de ferrol o gaseiro cargado con gas natural licuado nº 139.. na praza Amada García concentración de protesta nº 139..

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 139 “LNG IMO”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

VENRES, 22 DE MARZO 2013, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

Características do buque:

Nome.- LNG IMO, Bandeira.- Bermuda, Eslora.- 288.2 m, Manga.- 43.4 m, Puntal.-26 m

Calado.- 12.32 m, Capacidade.- 148.300 m³ de GNL

domingo, 17 de março de 2013

segunda-feira, 11 de março de 2013

Acordos da asemblea, valoración do antroido, laconada..





..o antroido 2013.. en xeral moi ben, déixase para antes do antroido que ven o debate sobre os materiais a empregar, produtos tóxicos no obradoiro de traxes e a contaminación.. mirar de falar como organizamos o antroido un pouco antes..

..quedamos para recoller.. as cousas do local e limpar para a laconada o próximo venres 15 de Marzo a partires das 5 da tarde, ficou encargada de abrir o local Conchi.. proposta para construír unha estrutura que faga de faiado aproveitando a altura do local para poder gardar as cousas, pendente de concretar proxecto..

..laconada 2013.. decidiuse facer o sábado 16 de Marzo, ás 10 da mañá comézase a cociñar, de momento persoas voluntarias para cociñar están Pili, Lupe, Rosi, ..
todas as persoas da Revolta poden convidar a outras persoas que non sexan da Revolta ou que non participaran no antroido 2013, mandade un correo ou chamade a André 605 455 340 para comunicar as persoas que ides a vir á laconada antes do venres..
..cada persoa ten que levar os seus pratos, cubertos, vasos e un asento a poder ser un tallo pequeno para que collamos mellor nas mesas..
..decidiuse mercar a carne no mercado de Caranza, e reducir as cantidades pois o ano pasado tivemos que conxelar o que sobrou e facer outra laconada nos maios..

mercar a carne e as patacas.. André

9 kg lacón
7 kg touciño
8 kg costela
5 kg cachola
6 kg chourizo
10 kg patacas

aportación de grelos de diferentes hortas.. Isma, Pili, Vanesa, Paqui, Marta G., Fátima, Segundo, Crispi, Daniel, André..

mercar o pan.. Rosi

18 barras do país

mercar produtos varios.. Vanesa

azúcar
café
leite
fideos
xeos
servilletas
rolos cociña
rolos bater
manteis..

mercar de beber.. Nieves

zumes
refrescos
auga
cervexa
cervexa 0%
vermut..

traer fogóns, potas e bombonas.. Pili

intentar traer algúns cabaletes e bancos.. Rafa

sexta-feira, 8 de março de 2013

8 de Marzo a Marcha Mundial das Mulleres de ferrol terra

A Revolta disfrazada de medios de comunicación participando nun acto da Marcha Mundial das Mulleres de fai dous anos



..hoxe 8 de Marzo a Marcha Mundial das Mulleres de ferrol terra convoca no Cantón de Molíns, ás 8 do serán unha concentración participativa, reivindicativa.

quinta-feira, 7 de março de 2013

Proposta de asemblea da Revolta para este domingo 10 de Marzo ás 7 da tarde no local..





..valoraremos o antroido 2013 e as contas, información sobre a cociña e propostas para recoller todas as cousas que se acumulan no local. Organización da laconada. Decidir sobre a data, como a organizamos, que mercamos..


Vai unha lista con os datos, produtos e prezos da laconada do ano pasado..

laconada 2012

compras froiz
2 azúcar 1'78 €
3 xeos 2'91 €
4 café 5'56 €
2 freganzo 1'64 €
12 leite 6'72 €
1 pao fregona 0'49 €
1 rolos papel cociña 1'55 €
1 rolos papel bater 4'79 €
3 fideos 2'55 €
1 sal 0'24 €
3 servilletas 1'77 €
1 lavalouzas 2'59 €
1 sacas lixo 1'95 €
descontos 1'54 €
total 33'00 €
6 cabaletes 23'70 €
compras eroski
6 refresco cola 6'00 €
fanta laranxa 2'20 €
10 estrella 27'40 €
6 estrella especial 32'70 €
1 vermut 7'79 €
5 gasosa 3'85 €
6 auga mineral 1'32 €
8 zumes 4'72 €
2 cervexa 0'0% 4'38 €
total 90'36 €
2 bombona butano 30'19 €
3 manteis papel 5'40 €
11'5 kg lacón 51'75 €
7 kg touciño 31'50 €
10 kg costela 45'00 €
7 kg cachola 17'50 €
6 kg chourizos 33'00 €
18 barras de pan 17'10 €
1 vermut 7'79 €
10 kg patacas 3'75 €
contribución de grelos
contribución patacas

TOTAL 366'34 €

Foron 45 adultos e 23 nenos e nenas. Se só contamos aos adultos saiu a 8'14 € por persoa. Se contamos tamén aos nenos e nenas saiu a 5'38 € por persoa.

sábado, 2 de março de 2013

Manifestación comarcal en defensa da sanidade pública..








..cando..este domingo 3 de Marzo ás 12 do mediodía..


..onde.. en Ferrol sairá a manifestación desde a praza de españa..


..convocada.. pola plataforma en defensa da sanidade pública de ferrol terra











http://plataformadspferrol.blogspot.com.es