domingo, 27 de outubro de 2013

..o que falamos na asemblea do 26 de Outubro de 2013




magosto samain

..o próximo xoves 31 de Outubro a partires das 4 da tarde no parque Carmelo Teixeiro de Caranza na rúa Cartagena, se o tempo non acompaña diante do local da Revolta..

..as cabazas, aportacións, cada quen que baixe ferramenta para labrar as cabazas, velas e adornos aportacións, mesas as plegables.. castañas, Jose 10 kg ten que ver as que apañou Fátima para reducir a compra.. liscos, Lupe 10 kg.. pan, Daniel 20 barras.. viño, Vanesa 2 cartóns de 5 l.. leite, Paula 10 l.. xerador, coordina Paqui.. cartaz, Cholo.. comunicar ao concello, André..

..notas, levar lanternas de mesa, vasos ecorevolta..

..información, o sábado 2 de Novembro de 11 da mañá a 2 da tarde festa da tenda de troco na traseira do mercado de Caranza, farase troco de xoguetes e haberá petiscos colectivo a partires das 12'30

magosto de Anita

..o próximo sábado 2 de Novembro pola tarde na traseira do mercado de Caranza..castañas, viño, leite, sorteo dun xamón.. A Revolta participamos levando instrumentos para botar unhas pezas e cantar unhas cantigas

resposta á petición de axuda económica do comité cidadán de emerxencia para a ria de ferrol

..decidiuse dar unha axuda de 100 €

..abriuse un debate sobre a publicación no blog e facer públicas as contas da Revolta e as aportacións as diferentes causas xustas que consideremos..

..a posición da maioría da asemblea defendeu que as contas sexan publicadas dentro do colectivo a través do correo e non no blog de internet da Revolta

..a posición da minoría da asemblea defendeu que as contas sexan públicas para poñer en práctica hoxe a reivindicación da transparencia que reclamamos dos diferentes gobernos, organizacións públicas..

proposta de André da rotación nas responsabilidades

..decidiuse deixar o debate e a decisión para a seguinte asemblea que será antes do nadal

..reflexionar a proposta e propoñer novas propostas por escrito para dar o debate e decisión

pedir presuposto para o mantemento anual ou bianual das arquetas do local

sexta-feira, 25 de outubro de 2013

..asemblea da Revolta este sábado 26 de Outubro ás 7'30 da tarde no local..




..información como están as contas, propostas para o magosto samain, debate de axuda económica a o comité cidadán de emerxencia para a ria de ferrol, debate proposta de André.. rotación nas responsabilidades, 1 persoa coordina, 2 persoas tesoureiras que fagan públicas as contas, duración da responsabilidade por temporada do magosto samain até a lumeirada..lista de persoas asociadas á Revolta e cota de 0'25 céntimos de ao mes..