sábado, 31 de dezembro de 2011

Abrimos um Blogue onde imos postando todas as cançons que  estamos ensaiando. Podes copia-las para a casa e para as festas. Participa ensaiando-as  os venres com A Revolta.

http://cancioneirodarevolta.blogspot.com/

terça-feira, 27 de dezembro de 2011

Proposta para xuntarnos este próximo venres 30 de Decembro no último ensaio do ano 2011


Proposta para xuntarnos este próximo venres 30 de Decembro no último ensaio do ano 2011. A partires das 7 da tarde no local da Revolta de Caranza. Podemos levar cada un de casa algo de beber e de comer, para poder brindar podemos traer cada un o seu vaso de cristal para non gastar plástico.
Proposta tamén para decidir este venres de facer unha quedada o próximo sábado 7 de Xaneiro do 2012. Quedariamos para darlle a man de imprimación ao local e decidir cando quedariamos para pintar.
Proposta para decidir este venres de poñer un prazo para presentar propostas de disfraces para este próximo Entroido 2012. Un prazo para pensar as propostas e un dia para quedar, decidir e poñerse a traballar xa nos traxes.

domingo, 11 de dezembro de 2011

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas


As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán |
Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar.
Comunicar a: comiteantisidaferrol@gmail.com]


Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n
música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.


Par difundir a Propaganda do Acto:
acceder e baixar

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/


Enlace relacionado:

Foro Social de Ferrol Terra - Consello Local: Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos d@s migrantes, refuxiad@s e desprazad@s - 18 de Decembo de 2011

domingo, 13 de novembro de 2011

Loitando polo local para o Centro Social

Dada a situaçom complicada que estamos tendo co local do Centro Social d'A Revolta, que temos concedido na Praça do Anfiteatro d'As Rosas de Caranza, na Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2. Pois som vários os assuntos pendentes -consolidaçom da cessom, águas residuais, ..., que ainda temos que solucionar e que estám paralisando as reformas e a adapataçom do mesmo para poder desenvolver as nossas actividades cum mínimo de qualidade. Para informar da situaçom, do que se leva feito e do que queda por fazer, confeccionamos este blogue, agardamos que seja útil. E logo podamos debater.

http://localtrasanqueiro.blogspot.com/

-----

terça-feira, 1 de novembro de 2011

Samaim 2011


Mais um ano celebramos o Samaim diante do nosso centro social, nas rosas em Caranza. Ainda que chovia, os suportais permitirom-nos poder lavrar as cabaças, fazer uns liscos na grelha, asar umas castanhas e fazer um chocolate com churros. Depois pudemos cantar e rematar uma festa onde o mundo dos mortos se junta com o dos vivos e a terra oferece os fruitos do Outono.

Carrossel de diapositivos em alta resoluçom:Entrar

Samaim d'A Revolta 2011

31/10/2011

[Público na web] fotos: 258

Se queres baixar alguma foto entra no Album Samaim 2011

Samaim d'A Revolta 2011
___________________

segunda-feira, 31 de outubro de 2011

Definitivamente o Samaim da Revolta nos Soportais da Praza do Afinteatro das Rosas

A chuvia chegou de novo, polo que definitivamente o Samaim d'A Revolta celebrare-mo-lo nos Soportais da Praza do Afinteatro das Rosas, frente ao nosso Local.

Como todos os anos, esta Segunda-Feira -Luns,  31 de Outubro, véspera de festivo, celebraremos o Samaim e Magosto d'A Revolta, desde as 6 da Tarde en Caranza, estaremos nos soportais frente ao noso Centro Social na Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2.
Música e cançons.
Obradoiro de Cabaças.
Castanhas Assadas.
Zumes e Leite para as crianças.
Chocolate com Churros.
Vinho e Licor café.

Nom faltes !

Assi foi, en fotos, o Samaim d'A Revolta o ano passado.


[Clica acima da imagem para entrar nas Galeria de Diapositivos]

----------

domingo, 30 de outubro de 2011

Algumhas Palavras, Fotos e Vídeos do Magosto de Anita 2011


Este Sábado 29 de Outubro de 2011, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, celebramos "O Magosto de Anita". O magosto é umha festa de encontro. As castanhas som laboriosas, para asar e comer, cria-se asi um tempo para o diálogo, as risas compartidas e a informaçom flue compartindo sentimentos, emoçons, novas... Nesse espaço, a figura de "Anita", Ana Paz Rodríguez, recobra todo o seu significado. A experiencia vital de "Anita", converte-se nun legado de solidariedade, de loita pola justiça, pola igualdade, pola defensa da nossa identidade linguística, cultural ... Anita é também a idea de comunidade, é bairro organizado, para a loita, a reivindicaçom e tambén para a festa. "Anita" é o legado para as novas geraçons. É a constataçom de que com organizaçom, com uniom, temos ganhado o futuro. "Anita" é também o legado do coidado como valor comunitário fundamental. Um coidado que ela praticava e ensinava em todos os espaços sociais, laborais, políticos, pessoais, que contarom coa sua presença em vida, e que agora toca, preservar, multiplicar e legar à gente máis nova. Neste magosto demos um pequeno passo, queda todo um caminho por andar.




Fontes:
Albúns da Revota - 2
Canle ARevoltaTrasanqueira


Nota para o Vídeo e as Fotos:
As fotos postadas nom som moi boas e estám mal tiradas, co objectivo manchado, estamos agardando as de Susete'70 e ademais o enlace dun Blogue sobre "Anita" feito por el. O vídeo que postamos é umha lista de reproduçom de 8 pequenos vídeos ainda sem editar, proximamente faremos um, mas bem feito. Se alguém fixo fotos ou vídeo e no-lo que achegar, pois estariamos moi agradecid@s. Obrigad@s ! A Revolta

Nota.-

Nuns dias postaremos mais.
___________

quinta-feira, 27 de outubro de 2011

Concedido o permiso para celebrar "O Magosto de Anita"

Hoje pola manhá recebimos a notificaçom [*], por várias vias, de que o Concelho dava marcha atrás na sua decisión e revocou a denegación comunicada onte, CONCEDENDO PERMISSO, para que poidamos celebrar "O Magosto de Anita" este Sábado 29 de Outubro, desde as 6 e media da Tarde no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza.

Agardamos por tod@s !!

[*] De todos os xeitos entregamos por registro a carta do tecido associativo de Caranza, dirigida ao Concelheiro responsável.

Informaçom a tod@s membros d'A Revolta, sobre a denegaçom do permiso por parte do Concelho de Ferrol, para celebrar "O Magosto de Anita"

Estaimad@s Companher@s d'A Revolta, para quem nom o saibades por nom poder assistir à reuniom de hoje, decir-vos que o Concelho de Ferrol, acordou conceder-nos o permiso para o Samaim do 31 de Outubro, mas denegou o permisso para poder celebrar "O Magosto de Anita" do Sábado 29. Na Assembleia d'A Revolta de hoje, acordamos, entre outras cousas, ponher-nos em contacto co tecido associativo de Caranza para informar-lhes da negativa do Concelho, e solicitar-lhe ao mesmo de que revoque tal denegación. Fixemos um escrito que apoiam as seguintes entidades: Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Veciños de Caranza, Asociación Cultural López Bouza, Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Ferrándiz, Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Galicia de Caranza. Quedamos manhá, Quinta-Feira -Xoves-, 27 de Outubro, pola manhá, ás 10:00 hrs estar no Concelho para presentar o escrito ao Concelheiro responsável de Património que foi o que denegou o permisso.

Achegamos a continuación o escrito que lhes imos presentar e en ficheiro anexo, o mesmo em formato pdf.

A Atención do Alcalde Presidente do Concello de Ferrol
Concellaría de Facenda, Emprego e Recursos Humanos

As asociacións do barrio de Caranza, que se indican a continuación:

Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos

Asociación Cultural Fuco Buxán

Asociación de Veciños de Caranza

Asociación Cultural López Bouza

Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Ferrándiz

Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Galicia de Caranza

Diante da denegación, por parte deste Concello, do permiso para celebrar un MAGOSTO POPULAR, no Parque Carmelo Teixeiro, solicitude feita polo Colectivo Sociocultural A Revolta, para o sábado 29 de Outubro, queremos solicitar que se retire a denegación, e se conceda a solicitude presentada en base ás seguintes consideracións:

1º Que se trata dun MAGOSTO POPULAR de carácter público, aberto á participación de todo o barrio.

2º Que este magosto, ten como obxectivo reivindicar a figura de ANA PAZ RODRÍGUEZ, “Anita”, veciña do noso barrio, falecida hai dous anos, cuxa traxectoria vital, aínda que curta, é un compendio de feitos, actitudes e valores, que conforman un legado que consideramos hai que poñer en valor, sobre todo de cara a promocionar entre a xuventude do barrio un modelo de solidariedade, de activismo social, de empatía comunitaria, tan necesarios nestes tempos que vivimos.

Caranza, a 27 de outubro, de 2011

José Luis Gómez Cobelo
SCDR Galicia de Caranza

André Martínez Ces
CSC A Revolta de Trasancos

Bernardo Rego Gárate
A. Cultural López Bouza

Eladio Novoa López
SCDR Ferrandiz

Rafael Pillado Lista
A. C. Fuco Buxán

Santiago Magán Caridad
AAVV de Caranza

En representación:

Seguem assinaturas

--

Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos"

Centro Social d'A Revolta
Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2
Praça do Afinteatro da Unidade Vizinhal 2 de Caranza
15406 Ferrol - Galiza

Telefone do Coordenador do Colectivo:
605 455 340 [André]
a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com
--------

quarta-feira, 26 de outubro de 2011

Samaim d'A Revolta 2011

Como todos os anos, esta Segunda-Feira -Luns,  31 de Outubro, véspera de festivo, celebraremos o Samaim e Magosto d'A Revolta, desde as 6 da Tarde no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, no caso de chuvia estaremos nos soportais frente ao noso Centro Social na Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2], Praza do Afinteatro.

Música e cançons
Obradoiro de Cabaças
Castanhas Assadas
Zumes para as crianças
Vinho e Licor café

Nom faltes !

----------

O Magosto de Anita

Este Sábado 29 de Outubro de 2011, desde as 6 e media da Tarde imos lembrar a Anita num Magosto em Caranza, montaremos umha carpa no Parque Carmelo Teixeiro, xunto a Ermita, entre a rua Cartagena e a Avenida do Mar.

"Celebramos un magosto aberto a todas e todos, onde haberá música, castañas, viño, zumes, festa, e lembranzas,... O corazón aberto, as pernas lixeiras e a gorxa mollada para un bo cantar. Unha xuntanza para recordar á persoa, conservar a tradición e... pasar unha boa tarde entre tod@s nos. Esperamos a vosa participación. Teremos un cuberto se a chuvia quere aparecer..." [Lembranza de Anita]


Anita no facebook
http://es-es.facebook.com/pages/Anita/155128607861230

Enlaces para Anita:


  • Dúas ferrolás foron distinguidas -logo do seu pasamento- cunha mención especial na entrega do "Premio 8 de Marzo" da CIG: Ana Paz Rodríguez -Anita- e Margarita Bellas Miragaya -Marga- [Em Ártabra 21]
  • Homenaxe a "Anita" na Comarca de Trasancos [Em Ártabra 21]

---------

domingo, 23 de outubro de 2011

Convocatoria Asemblea para o mércores 26 de Outubro.

Proposta de Asemblea da Revolta para este mércores 26 de Outubro ás 7'15 da tarde.

Aínda que pareza que a orde do dia é longa non o é. Temos que procurar facer a asemblea en menos dunha hora. Por iso o que poida que sexa puntual.

1. Obras no local. Ven o inverno e hai que darlle ferro.
-Seguir lixando paredes.
-Poñer a porta.
-Poñer o bater.
-Obras da comunidade de mellora das arquetas.

2. Informar como van as obras das ramplas de acceso ao local.

3. Chamamento a participar na concentración en defensa da sanidade pública, que vai ter lugar o xoves 27 de Outubro ás 8 da tarde na praza do concello. Quen queira algún cartaz ou folletos informativos falade con André.

4. Informar do Magosto de Anita. 29 de Outubro.

5. Repartir traballo Magosto-Samaím da Revolta. 31 de Outubro.
-Comunicación ao Concello. Se non chove no parque Carmelo Teixeiro, se chove diante do local da Revolta.
-Cabazas.
-Castañas.
-Grella.
-Carbón.
-Liscos.
-Pan.
-Bebida.
-Velas.
--------------------

Actividades de comezo da temporada 2011-2012

Neste comezo da temporada 2011/2012 da Revolta.

1. Os venres a partires das 6 da tarde ensaios e aprendizaxes das letras de cancións tradicionais e festeiras.

2. De luns a xoves de 5 da tarde a 7'30 da tarde obras no local da Revolta.
-Traer roupa de traballo.

----------

sábado, 22 de outubro de 2011

Cançons para os Ensaios - O Rodavalho

O RODABALLO

NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
ROUBARON UN RODABALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
ROUBARON UN RODABALLO

MALA CHISPA TE COMA,
MALA CHISPA TE DÉ,
MALA CHISPA TE CHANTE UI AI E

O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
DICÍALLE AO RODABALLO
UI AI AI UI AI AI
MOITO MIRAS PARA MIN

FORON VENDER Á LONXA
E CON MUITO DISIMULO,
E QUEN LLO FOI A MERCARE!
UI AI AI UI AI AI
A FILLA DO CACHIRULO!

TEÑA COIUDADO PATRÓN
QUE ESTE PEIXE ESTÁ ENMEIGADO
PORQUE XA NACEU CO SINO
QUE HABÍA DE SER ROUBADO

AQUÍ ACABA A HISTORIA
AQUÍ ACABA A HISTORIA
DESTE PEIXE RODABALLO
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
HOUBO QUE COMELO ASADO.

*********

quinta-feira, 7 de julho de 2011

Xantar solidario con a escola pública San Xoan de Filgueira



XANTAR SOLIDARIO CON O COLEXIO PUBLICO SAN XOAN DE FILGUEIRA ESTE SABADO ÁS 2 DA TARDE, PEDIRONNOS A COLABORACIÓN DA REVOLTA CON A MUSICA.

Ola Revolta, quen poida e quera ir ao xantar solidario para apoiar á escola pública S.X.de Filgueira, que para o curso que ven a Xunta do PP quérelle reducir o nº de mestres e mestras deteriorando mais unha vez o ensino publico, que se lembre de levar os instrumentos pois pedironnos se podiamos durante o xantar tocar unhas pezas. Temos que levar cada un a sua comida e bebida.

Enlaces:

Continua o peche en defensa do ensino público e de calidade - Contra os recortes da Xunta de Galicia - #acampada no CEIP San Xoán de Filgueira - Este Sábado 9 de Xullo: Xantar de Confraternización e Solidario, e unha Tarde de Música e Reivindicación

segunda-feira, 4 de julho de 2011

A Lumeirada 2011 para o "Proxecto Vacacións en Paz"

A lumeirada d'A Revolta conseguiu um ambiente alegre e solidário para celebrar o solstício de verám. O recadado para o proxecto "Vacacións en Paz" foi 1870'85€, que forom ingressados na conta da organizaçom "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui".

sábado, 25 de junho de 2011

Galeria de Fotos da Lumeirada 2011 en Caranza

From Lumeirada d'A Revolta 2011

Já som 14 os anos da Lumeirada d'A Revolta.

A Revolta de Trasancos, organizamos a lumeirada para celebrar o solstício de verám.

O lume foi o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebramos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.


  • Para ver o carrusel de diapositivos en grande formato e alta resoluçom: [Entrar]

  • Para poder baixar as fotos do Álbum d'A Revolta: [Entrar]

Dentro dumhas horas publicaremos o vídeo.
_____________________

quarta-feira, 22 de junho de 2011

Lumeirada d'A Revolta 2011: Em solidariedade co Povo Saaraui e axuda ao programa "Vacacións en Paz"


Como é habitual, desde hai já 14 anos, A Revolta de Trasancos, organizamos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám.

O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.

Outro dos protagonistas vai ser, outra vota, como o passado ano, o Povo Saaraui, pois a Assembleia d'A Revolta acordou que a  recadaçom que se consiga na festa vai ir íntegra para o "Programa Vacacións en Paz 2011", programa no que participam algúns integrantes d'A Revolta.

O Solstício de Verám 2011 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2011, vai ter lugar a Qinta-Feira [Xoves], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena e do "Parque Carmelo Teixeiro", no antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde até a madrugada do dia seguinte.
  • Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
  • Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.
Nom faltes!

Como chegar?
Ver onde queda a zona da lumeirada en Google Maps

A Revolta

segunda-feira, 13 de junho de 2011

Lumeirada d'A Revolta 2011


O 23 de Junho quinta-feira (xoves) a partires das 6 da tarde na esplanada da ribeira de Caranza, á beira da rua Cartagena, próxima ao parque Carmelo Teixeiro. Haverá sardinhas, chouriços, vinho, cerveja, refrescos, ... e música.

Ensaio na acampada do movimento 15-M

O ensaio desta semana será na acampada do 15-M, o dia 17 de Junho sexta-feira (venres) ás 6'30 da tarde, para mostrar o nosso apoio a luita por nom perder e fazer reais os nossos dereitos.
 
Já se falou com a gente da acampada e estám de acordo. O venres 17 de Junho ás 6'30 da tarde haverá na acampada um talher de malabares no que podem participar os nenos e as nenas da Revolta junto com o nosso ensaio, dando a oportunidade a todas as persoas que estejam lá para que podam participar com nós tocando os instrumentos que levemos.


  

quinta-feira, 9 de junho de 2011

Acordos da assembleia d'A Revolta celebrada no novo local de Caranza o passado 13 de Junho do 2011

1.LUMEIRADA.

-Sardiñas. Oscar 2 caixas.
-Chourizos. Geno 30 kg.
-Pan. Esther 40kg.
-Estrella Galicia. Isma.
-Bebida. Isma.
-Grellas. Isma e Agulhó.
-Leña para cociñar. Juanlu.
-Correio para a lumeirada. Inacio.
-Cuadro de quendas para estar na barra e cociña. Pili.
-Apañar leña lumeirada grande. André.

O diñeiro para pagar as cousas por adiantado o pon A Revolta, falar con André ou o dia que teñamos a reunión para amarrar as cousas que é o martes 21 de Xuño ás 6 da tarde ou as 7'30 da tarde.

Propostas para dedicar o diñeiro da lumeirada:
-Axuda á solidariedade de Galiza con o Sahara. Axuda a traer aos nenos e nenas saharauis que estan nos campamentos de refuxiados en Argelia, a Galiza.
-Axuda ao Comité Cidadán de Emerxencia para a ria de Ferrol. Na loita para que a Planta de Gas peche e se vaia da ria de Ferrol.
-Axuda á propia Revolta para os gastos que vamos tendo ao longo do ano.

2.ACAMPADAS NAS PRAZAS.

-Aprobamos apoiar a loita e solidarizarnos facendo un ensaio na praza onde está acampada a xente loitando por facer valer os nosos dereitos como pobo. Quedamos en ir falar para poñer un dia e hora.

3.MANIFESTO SALVAR AS RIAS.

-Decidiuse apoiar o manifesto das Cofradias da ria de Ferrol para concienciar á toda a sociedade do importante que é cuidar as rias.

terça-feira, 10 de maio de 2011

Autoconvocatória, para o Luns 16 de Maio, polo Dia d'As Nossas Letras 2011

Celebrando a nossa Língua - Maio de 2011
Praça de Rosalia - San Xoán, Luns 16 de Maio, ás 6 da tarde

Este ano o dia das Nossas Letras, vai dedicado a Lois Pereiro, ao qual lembraremos em todos os  actos nos que participemos.

Como todos os anos, na Praça Rosalia de Castro do Concelho de Ferrol, haverá umha homenagem à nossa Língua na figura da precursora da recuperaçom das Nossas Letras, e em regime de autoconvocatória, onde participaremos várias organizaçons e colectivos vizinhais, sociais e culturais.

Animamos a tomar a iniciativa de impulsar o acto da Praça de Rosalia, que terá lugar o Luns (Segunda-Feira), 16 de Maio, às 6 da tarde.

Todas as associaçons e colectivos podem intervir no acto com comunicados, poesias ou outras intervençons. Podem-se levar umhas flores como outros anos. As pessoas a título individual também podem fazê-lo, e desde A Revolta convidamos a quem assim o deseje, a assistir co traje tradicional como um outro jeito de reivindicar a nossa identidade. Nós ponheremos a música. Mas quem queira trazer o seu instrumento ou cantar, nom o duvide, o acto é aberto a todas as iniciativas em defensa da Língua Galega.

Nota.-
As entidades que decidam participar, seria bom que remitiram um comunicado aos medios, no que manifestem o seu apoio e participaçom no Acto Unitário en prol da Língua Galega que, em régime de autoconvocatória, vai ter lugar em Ferrol, o Luns (Segunda Feira) 16 de Maio, às 6 da Tarde, na Praça Rosalia de Castro, no bairro de San Xoán de Ferrol.

[Clicar acima da imagem para entrar na Galeria de Diapositivos a grande resoluçom]
[Achegada pola A.C. Fuco Buxan]




Mil Primaveras mais para a nossa Língua !!
No, nome d'A Revolta
André Martínez Ces


Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

____________

Outros Actos de interesse:
  • Quinta-Feira, Xoves, 12 de Maio, às 8 da tarde no Cantom de Ferrol, o Ateneo Ferrolán organiza um acto público de lembrança de Lois Pereiro "Vento Lois" [+informaçom]
  • Sábado, 14 de Maio, Día das Letras Galegas: Tic-Tac no Teatro Jofre, ás 12 do medio-dia [+Informaçom].
  • Sábado, 14 de Maio, Jornada lúdico-reivindicativa no Dia das Letras, organizada pola Fundaçom Ártabria, Ruada, Jantar, Actos e Concerto, desde às 12:30 hras desde a Praça do Hini Galego em Esteiro [+Informaçom]
  • Sábado, 14 de Maio, Día das Letras Galegas: Homenaxe a Lois Pereiro, às 20:30 horas no Teatro Jofre - Acto Cidadán [+Informaçom].
  • Domingo, 15 de Maio, Paseo Marítimo pola Ría de Ferrol, às 12 do medio-dia, no Peirao de Ferrol, "Mareando as nosas letras" - O mar é o noso patrimonio: Paseo Marítimo pola ría de Ferrol Poesía e Música do Mar. A Lancha de Mugardos dará unha volta pola ría, cargada de música e poesía do mar [+Informaçom].
  • Terça-Feira, Martes, 17 de Maio, estám convocados pola Plataforma Queremos Galego, multitude de actos e mobilizacións por toda Galiza e em varias cidades do resto do mundo com comunidades galegas. Na nosa Comarca haverá actos em Ares (Praza do Concello), As Pontes (Praza de América), Cedeira (Praza da Reitoral da Vila Vella), Fene (Local do Pote -Maniños-), Narón (Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal), Pontedeume (Praza do Concello), San Sadurniño (Praza do Concello), Valdoviño (Praza da Casa da Cultura) e Ferrol na Praza do Himno, às 12 do Medio-dia [+Informaçom]. 
__________

domingo, 8 de maio de 2011

Os Maios 2011

 A Revolta levou desta volta os Maios a Caranza, no parque Carmelo Teixeiro. Foi um dia no que ameaçava chuva e de feito choveu, mas aproveitamos a trégua que nos deu para fazer os Maios, com música e com os trajes tradicionais celebramos a chegada da primavera.

Enlace ao Carrossel de diapositivos

Se queres baixar alguma foto clica na imagem para aceder ao álbum

Os Maios 2011
----------

segunda-feira, 25 de abril de 2011

A Revolta em Chamorro 2011

Este ano, Chamorro quadrou em 25 de Abril. Saimos desde o cruze de Joane, e chegamos a tempo de xantar tocar e cantar música popular.
Galeria Fotográfica "Assim passamos o dia"

Fotos: André.

quinta-feira, 10 de março de 2011

O antroido do 2011 en Fene, algunhas fotos e video do desfile de comparsas

https://lh6.googleusercontent.com/_iQK-lJCMiBk/TXi0Drbs-AE/AAAAAAAACr4/upZIfBQIHPI/s144-c/Antroido2011Fene.jpg
Aquí tedes mais umha galería de fotos, desta vez do Antroido do 2011 en Fene, também hai algunhas fotos e um video do desfile de comparsas e actuaçom deste ano en Fene.


A Revolta no antroido 2011 de Neda

https://lh5.googleusercontent.com/_iQK-lJCMiBk/TXi3QQsc3tE/AAAAAAAACr0/02W1_FKqhTs/s144-c/Antroido2011Neda.jpg
Estas son algunhas fotos d'A Revolta de Trasancos na actuaçom em Neda do Antroido do 2011.

quarta-feira, 9 de março de 2011

A Revolta de Trasancos en Ferrol [Antroido 2011]

https://lh4.googleusercontent.com/_iQK-lJCMiBk/TXdp0juaMsI/AAAAAAAACm0/pp_PySbzSLM/s128/00DSC05392.jpg

A revolta de trasancos desfilou no multitudinario Antroido de Ferrol, aquí tesdes algunhas fotos, e em breves intentaremos subir algúm video e mais imaxes.

segunda-feira, 7 de março de 2011

A Revolta no acto da Marcha Mundial das Mulheres em Ferrol polo 8 de Março

https://lh5.googleusercontent.com/_iQK-lJCMiBk/TXSsUB0oA_I/AAAAAAAACXk/QmapC-X-0GQ/s128/DSC05338.JPG
A revolta participou no acto da Marcha Mundial das Mulheres polo 8 de Março em Ferrol com umha gran actuaçom. Mira a galeria fotográfica.

quinta-feira, 3 de março de 2011

Actuaçom d'A Revolta em Caranza - Antroido 2011

Hoje 3 de Março, A Revolta de Trasancos - A Revolta vai de medios, participou na Festa de Antroido da Escola Infantil Pública de Caranza, onde actuamos, para as crianças, educadoras, nais e pais, com moito suceso. Em primeiro lugar actuárom as crianças divididas em três grupos segundo a idade, danças e músicas africanas, idigenas americanos, ..., logo actou A Revolta com moitas das cançons do seu repertório ... As nenas e nenos, nais e pais, assim como educadoras, nom deixarom de bailar os ritmos d'A Revolta. Os pais e nais preparárom umha boa merenda a base de freixos, orelhas, roquinhas, ...

Mais adiante publicaremos umhas fotos.
___________

Letras das cançons do Antroido d'A Revolta 2011 - Tríptico

quarta-feira, 2 de março de 2011

CARREIRA DE DISFRACES DOMINGO 6 DE MARZO

O vindeiro domingo 6 de marzo e dentro das actividades do Entroido 2011, o Concello de Ferrol ten preparada unha CARREIRA DE DISFRACES, que arrancará da Praza de Armas ás 11.30 horas. Discurrirá polas principais rúas do centro da cidade e está aberta a participación de nen@s e maiores, que se repartirán os doce premios previstos: tres para os tres primeiros homes en chegar a meta, tres para as tres primeiras mulleres e tres para os tres primeiros nen@s.  A maiores, recibirán tamén un galardón o mellor disfraz, o máis divertido e o mellor grupo.

Podedes facer as inscricións ata o momento previo ao inicio da carreira.

Dende aquí animarvos a participar.

Un saúdo.

Maica Rodríguez Freire
Ferrol, a 2 de Marzo de 2011

Área de participación cidadá
Casa do Concello. Praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol
Tel: 981.944.015 / 981.944.219 / Ext. 202
participacion@ferrol.es

______________

domingo, 6 de fevereiro de 2011

Tempo de Antroido n'A Revolta - Ensaios e Obradoiro - Calendário e Horários

Desde o passado dia 2 de Fevereiro o local para preparar o Entroido 2011 d'A Revolta é o da escola unitária da Faisca em Narom. Agulhó e Paula já tenhem feitas as gestions para solicitar a concessiom em precário do local. A xente que queira já pode ir polo local a ensaiar e fazer os trages. O expediente no concelho de Ferrol segue adiante pero non nos dam resposta ao adianto de chaves.

André compromete-se, salvo que haja algum tipo de mobilizaçom (concentraçom contra a planta de gas, ...) a abrir o local de Seguda (luns) a Sexta (Venres) a partir das 16:30 até as 19:30 hras. E sábados e domingos a partir das 6 da Tarde.

Se alguém quer ou pode abrir o local a outra hora, van-se fazer cópias das chaves. Por exemplo alguém que quera os sábados e domingos ir para o local ás 4 da tarde.

André
________