@s traballador@s do Ateneo Ferrolán faremos o próximo sábado día 22 de decembro e a partir das 6 da tarde unha xornada de portas abertas en defensa do Ateneo, da súa sede e pola devolución do seu patrimonio que é de tod@s.
Ante o inminente pleno do concello de Ferrol do próximo día 27 no que o goberno do PP pretende usurpar a sede desta entidade centenaria e tutelar as súas actividades, é polo que convocamos a@s soci@s, ao tecido asociativo, veciñal, sindicatos, partidos políticos e cidadanía en xeral a que participedes con nós deste acto reivindicativo da nosa sede.
DEFENDAMOS A CULTURA! E os postos de traballo desta entidade!
Compartide e asistide!
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan