domingo, 18 de dezembro de 2016

Contra a pobreza energética, participaremos na manifestación unitária este 21 de Dezembro em Ferrol


A Revolta de Trasancos imos participar na Manifestaçom da vindeira Quarta-Feira 21 de Dezembro.Que vai ter lugar en Ferrolterra, como noutra cidades da Galiza e do resto do Estado.

Imos reclamar:

1. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Si sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles o fornezo e o custo será asumido polas compañías.

2. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa accesíbel, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.

3. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.

4. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).

5. Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas.

6. Aplicación do tipo de IVA superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.

7. Creación dunha tarifa eléctrica galega. Non só tendo en conta que Galiza é excedentaria na produción de electricidade como tamén polo impacto ambiental negativo que padecemos a causa diso.

8. Rescate para o sector público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas, exercendo así o control sobre as actividades estratéxicas enerxéticas e devolver o carácter de ben público ao sector, para que se poida exercer con garantía o dereito de acceso universal á enerxía, un ben común esencial, para que cada persoa poida vivir dignamente.

Entidades que polo de agora participan na convocatoria:

- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
- PAH de Ferrol e Comarca.
- Espazo Ecosocialista.
- Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño.
- AVV "A Madalena" Ferrol .
- Fundaçom Artábria.
- Marcha Mundial das Mulleres (Pendente de Confirmar).
- Foro Galego de Inmigración.
- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Esquerda Unida.
- ANOVA-IN (Pendente de Confirmar).
- Fuco Buxán A.C.
- Decide En Común.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- Cerna.
- MoveNeda - Movemento Veciñal.
- Asociación Sociocultural Muíño do Vento.
- A teneo Ferrolán.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/559395830924615/
_____________