sexta-feira, 5 de fevereiro de 2016

Axenda do Antroido 2016 - "Holi Revolta"

Este Antroido imos participar nos mesmos sitios que o vimos facendo nos últimos anos. Neda, Narón, Ferrol, Fene e Ultramar (Ferrol) no "Enterro da Sardiña". En Neda variamos, o cambio de goberno municipal, fixo que se recuperara o Antroido para a Vila, que se mantivo vivo n'O Roxal da mán da súa asociación veciñal, perante estes anos.

Axenda para este ano 2016.

NEDA.- Venres 5 de Febreiro, ás 8 da tarde na avenida Castelao (Antiga Estrada da Estación), para saír media hora máis tarde, non máis. O Concello na súa páxina web informa da programación e Bases (Ir á Web). O percorrido até o Pavillón Municipal son sobre uns 1.200 metros. Imos de cuartos, somos nove comparsas en total. Ao final das actuacións entregaran-se as distincións, pois os premios non son en metálico, aínda que cada comparsa ten unha axuda de 250 euros. as tres distincións son: por animación na rúa, por mellor crítica social e por vestimenta. Logo haberá un grupo que amenizará un baile de Antroido.

NARÓN.- Sábado 6 de Febreiro, ía-mos facer pasa-rúas, mais como as predicións meteorolóxicas din que vai chover, o Padroado de Cultura, avisou-nos para que estivésemos ás 5 da tarde no Pazo da Cultura. Información detallada no sitio na rede do Padroado (Ir á Web). Participamos dez comparsas e nós actuamos de sétima. As comparsas de fóra de Narón temos unha axuda de 300 euros, ás de Narón levan 600.

FERROL.- Martes 9 de Febreiro.

FENE.- Mércores 10 de Febreiro.

ULTRAMAR.- Venres 12 de febreiro. Enterro da Sardiña.

---

segunda-feira, 1 de fevereiro de 2016

Letras definitivas para o Antroido 2016: "Holi Revolta" - Letras e enlaces a vídeos do ensaio


HOLI REVOLTA !!!!
ANTROIDO 2016
A Revolta de Trasancos



1.-A MERDA CANTA

A MERDA CANTA
AS AMEIXAS CHORAM
QUE ERA MENTIRA A DEPURADORA (BIS)-(Retrouso)


QUE NOM QUE NOM
VAIA PRA ALÁ
QUE OS PEIXINHOS TODOS VAI CONTAMINAR

VAIA PRA ALÁ
QUE NOM QUE NOM
MARISCADORES TODOS PARA A EMIGRAÇOM

Retrouso

FOI O PP
MENTIU MENTIU
E O SANEAMENTO AINDA DE NADA SERVIU

MENTIU MENTIU
FOI O PP
E O REI VARELA GOVERNANDO ESTÁ OUTRA VEZ

Retrouso

Música e canción popular "O Galo canta".


2.-AS CORES DA REVOLTA

REMATAMOS ESTE ANO UA!
E AINDA NON TEMOS GOBERNO UA!
AZUL, ROXO, ALARANXADO UA!
MORADO O QUE COLLEMOS UA!

REVOLTA, REVOLTA, REVOLTA VAI PINTAR
AS RUAS DE NEDA, FERROL E COMARCA
REVOLTA, REVOLTA, REVOLTA  VAI “CHEAR”
DE LUZ ESTE ANTROIDO IMOLO FESTEXAR (Retrouso)

MIRADE A MIÑA COMPARSA UA!
CELEBRAN A FESTA HOLI UA!
AQUEL QUE VEXAN DE ESCURO UA!
FANLLE FEITIZO DE CORES UA!

Retrouso

TINXIR A VIDA CON CORES UA!
NON HAI COUSA MAIS FERMOSA UA!
BOTARLLE VERDE A ESPERANZA UA!
VERMELLO CANDO NAMORAS UA!

Retrouso

BROCHA GORDA DE SORRISOS UA!
PINCELADAS DEn TENRURA UA!
LEVAR AS BOLSAS BEN CHEAS UA!
CON CONFETIS DE LOUCURA UA!

Música e canción popular portuguesa "E peras e mazás".
        

3.- HOLI TE QUERO
(Ver vídeo do ensaio: https://youtu.be/dsENWAVWkPI)

HOLI TE QUERO
HOLI EU TE ADORO
OS DA REVOLTA EN (FERROL/NEDA/NARÓN)-(Retrouso)
DAMOLO TODO


VAMOS DE HINDUS
VAMOS DE FESTA
CARAS PINTADAS
CON OU SIN ORQUESTRA

Retrouso

QUE UNHAS GAITAS
TAMBOR E PANDEIRETAS
SON PARA O ENTROIDO
A MELLOR RECEITA

Retrouso

BAILAMOS XUNTOS
CANTAMOS E TOCAMOS
E POLAS RÚAS
O ENTROIDO ALEGRAMOS

Retrouso

Música “ Cherry te quiero”.


4.-ENTROIDO INCOGNITA

JM REY AI! JM REY
NINGUEN O PINTA O MONO COMO EL
LOGO DE CAGAR UN CAPUCHÓN
FIXO AS MALETAS MARCHOU PARA RAXOI!! (Retrouso)

LEMBRADES AO ALCALDE QUE MENTIU SOBRE O NAVAL?
A DEPURADORA E CO DA PLANTA DE GAS?
O PP É MONOCROMO O PP É MONOTONO
DE BALTAR ATÉ FEIJOO O CACIQUE É A SÚA COR
É CONSELHEIRO DE POLITICA SOCIAL
TREPA QUE TREPA O REY DA FASHION NIGHT
E NA SÚA MENTE ESTÁ O SONHO LATENTE
DE TREPAR TREPAR TREPAR A PRESIDENTE.

Retrouso


5.- JORGE I
(Ver vídeo do ensaio: https://youtu.be/ZsIeAlQaJWk)


ALCALDE JORGE I
NA ALCALDIA DE FERROL
PENSAVAS QUE TI SOINHO
TINHAS "PRA" TODO UMHA SOLUÇOM.

NOM TENHAS MEDO Á CIDADE
QUE TI TES QUE GOVERNAR
BOTA-LHE PEITO AO GOVERNO
E DEIXA O BANHO PARA IR FUMAR.

FERROL, FERROL...

JORGINHO SEN ESTALEIROS,
SEM BARCOS QUE CONSTRUIR
FERROL É UMHA PANTASMA
A TUA CIDADE VAI AFUNDIR.

FALACHES MAL DA SESTALHO,
AMEAÇA COM MARCHAR,
NOM JOGUES MAL AS TUAS CARTAS
CONTIGO A ESQUERDA PODE MURCHAR.

FERROL, FERROL...

FERROL É UM RUXE-RUXE
JORGINHO VAM MURMURAR
ESCOITA O FALAR DO POVO
QUE O RUXE-RUXE AFUNDA NO MAR.

A MAFIA EM FERROL É FORTE
VIAJA EM CONTENEDOR
PASSEIA EM SEMANA SANTA
E TOMA O SOL NO PORTO EXTERIOR.

POR ISSO JORGE I
AO POVO HAI QUE TER DETRÁS,
"PRA" QUE APOIE A UM GOVERNO
HAI QUE CHAMA-LO A PARTICIPAR.

FERROL, FERROL...

Música "Atún" Diplomáticos de Montealto.


6.- VIDA
(Ver vídeo do ensaio: https://youtu.be/pGljE-lvmyo)

VIDA, VIDA QUE BONITA ES!
VIDA, VIDA QUEROTE VIVER
EU QUERO A VIDA, EU QUERO A VIDA
OH! TROIKA TROIKA DEIXA A MINHA VIDA (BIS)

CASA, CASA QUE BONITA ES!
CASA, CASA QUEROTE COLLER
EU QUERO A CASA, EU QUERO A CASA
OH! BANCO BANCO DEIXA A MIÑA CASA (BIS)

CHOIO, CHOIO QUE BONITO ES!
CHOIO, CHOIO VAS-TE-ME PERDER
EU QUERO UN CHOIO, EU QUERO UN CHOIO
OH! MERKEL MERKEL DEIXA-ME O MEU CHOIO (BIS)

EURO, EURO QUE BONITO ES!
EURO, EURO QUEROTE COLLER
EU QUERO EUROS, EU QUERO EUROS
OH! DRAGHI DRAGHI DRAGHI DAME EUROS (BIS)

VIDA, VIDA QUE BONITA ES!

Música da canción Lua, Lua de MaríaFumasa.


7.- O ANTROIDIÑO

VINDE CON NÓS NESTE ANTROIDO
VIDE CON NÓS DE ANTROIDADA
NON NECESITAS OS CARTOS
PILLA O QUE TÉS NA CASA.

PÍNTATE A CARA DE CORES
HOXE A XENTE ESTÁ QUE TRINA
COLLE UNHA BOTA DE VIÑO
ENCHE OS PETOS DE FARIÑA.

CON UN SALARIO DE PENA
UNHAS PENSIÓNS DO CARALLO
NÓS FINANCIAMOS AS RISAS
PODELAS PAGAR A PRAZOS.

ALUMEAMOS AS RÚAS DE NARÓN
E MÁIS COMARCA
QUENTAMOS TODOS OS BARES
ENERXÍA SEN COBRALA.

Música da Canción popular portuguesa "O regadinho".


8.- VIVA DO VERDE AO DOURADO
(Ver vídeo do ensaio: https://youtu.be/zBbVMDZzNOQ)

VIVA DO VERDE AO DOURADO
VIVA A REVOLTA DAS CORES
VIVA DO VERDE AO DOURADO
E QUE VIVA O NOSO ANTROIDO
AI! E O LACÓN BEN DESALADO.

AI! REVOLTA PINTA REVOLTA
AI! REVOLTA SEMPRE EN PÉ DE FESTA
TI SABES GOSTAR DO ANTROIDO
PORQUE LEVAS CORES NA TESTA. (Retrouso)

TENHEN QUE SER DE MADEIRA
AI! CANDIDO MÉNDEZ E TOXO
TENHEN QUE SER DE MADEIRA
QUE NON LHES SUBEN AS CORES
AI! AO VENDER A CLASE OBREIRA

Retrouso

QUE ANDA BUSCANDO NA FEIRA
AI! O SANTO AMANCIO ORTEGA
QUE ANDA BUSCANDO NA FEIRA
UNHA LIXIVIA QUE LIMPE
DOS SEUS CARTOS A COR DA MERDA

Retrouso

REVOLTA CURRUCUCUUU
AI! MARCHAMOS COMO AS POMBAS
REVOLTA CURRUCUCUUU
PARA BORRELL DEIXA OS PEIDOS
TRANSPARENTES QUE SAEN DO CU

Retrouso

Música da cançom "Tirana" fado popular cantado por Amalia Rodrigues.

---