segunda-feira, 10 de dezembro de 2012

Fwd: A convocatorias que veñen

Calendario social..

A convocatorias que veñen

Nos próximos días están convocadas unha serie de mobilizacións, accións e xuntanzas que non son alleas ás entidades e persoas que participamos no Encontro Social de Ferrol Terra, é por iso que publicamos as seguintes convocatorias:

Luns 10 de Decembro, ás 6 da Tarde, na Praza de España, diante do Centro de Saúde de Ferrol "Fontenla Maristany".
No Día Internacional dos Dereitos Humanos - Concentración en Ferrol polo dereito á sanidade pública universal, sen distinción de sexo, orixe, etnia, orientación sexual e condición legal e social .

Dereito fundamental e universal en grave perigo debido aos recortes iniciados polo actual goberno do Partido Popular.

Convocan Marcha Mundial das Mulleres, Foro Galego da inmigración e Asociación Lazos prol solidariedade, co apoio da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública.

+info en:

Luns 10 de Decembro, ás 7 da tarde, na Galería Sargadelos de Ferrol (Esquina Rúa Rubalcaba - Rúa María).
Celebraremos a presentación do Banco de Tempo de Ferrolterra. Explicarase en que consiste, como funciona e como participar.

+ Info en:

Martes 11 de Decembro, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Explanada da Praza de España.
POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!

CONCENTRACIÓN EN FERROL

NA DEFENSA DUNHA XUSTIZA DE CALIDADE, UNIVERSAL E GRATUITA. POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!

Contra o repago xudicial imposto pola lei de taxas, contra a privatización de servizos públicos como o Rexistro Civil, contra a falta de medios materiais e persoais, con continuos recortes aos funcionarios consagrados a través da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, contra a inmobilidade lexislativa fronte ao drama social dos desafiuzamentos …

ACUDE NA DEFENSA DUNHA XUSTIZA DE CALIDADE, UNIVERSAL E GRATUITA. POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!

Convocan: CCOO, CIG, UGT, CSIF Xustiza, USO, STAJ, Colexio de Avogados de Ferrol, PSOE, BNG, EU, ANOVA, ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO, EQUO, Stop Desafiuzamentos, Ferrolterra, Fuco Buxán, Encontro Social de Ferrolterra, Marcha Mundial das Mulleres, Foro da Inmigración.

Martes 11 de Decembro,  ás 8 da Tarde, en Ferrol, no local da Asociación Veciñal de Esteiro.
Comisión de Traballo para seguir preparando a proposta de Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas.

Mércores 12 de Decembro
, ás 6 da Tarde, no local de Arméria Soc Coop. na Traseira do Mercado Municipal de Caranza.
Comisión do roupeiro

Para a Constitución da Comisión de Arméria para Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man.

O mércores día 12 de decembro no local na Traseira do Mercado de Caranza convocase a comisión do roupeiro o que queira participar no seu funcionamento e organización quedamos ás 18.00 horas.

Tamén sería conveniente que alguén da comisión de finanzas éticas puidese achegarse.

Un saúdo.
Bea Cana
beavn17@hotmail.es

Luns 17 de Decembro,
ás 6 da Tarde, no local de Arméria Soc Coop. na Traseira do Mercado Municipal de Caranza.

Xuntanza da Comisión de Dignose e Comunicación do Encontro Social de Ferrol Terra. Para retomar o traballo pendente.

+ Info en:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/p/c-diagnose.html 

Martes 18 de Decembro
, en Ferrol no Día das Inmigracións.
O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións de migrantes, entidades , colectivos e persoas de toda Galicia  en relación coa celebración do Día Mundial das Migracións, o día 18 de decembro, ten programado facer visíbel este día con diferentes Accións. Probabelmente que se acorde unha Acción en Ferrol, con concentración e reparto do Manifesto.

"NON PERMITAMOS A REPRESIÓN DO COLECTIVO DE PERSOAS MIGRANTES NIN A PERDA DE DEREITOS BÁSICOS QUE ESTÁN A SUFRIR.
 + Info en:
https://docs.google.com/open?id=1BAtn21XiE11PtajwSav0toEg6S_WCng4WdYTCTUJLvpvv6l3tHkqWzoQ31m6

Martes 18 de Decembro
, ás 7 da Tarde, en Ferrol, no local da Asociación Veciñal de Esteiro.
Convocatoria da XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra - 18 de Decembro de 2012

Proposta de obxectivos e orde do día para a XVII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Obxectivo da reunión:

- Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos (Grupo Finanzas Éticas ..., Comisión Roupeiro ...,, e outros se a houber.
-  Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
- Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, ...)
- Avaliar os avances do Encontro neste primeiro ano de funcionamento.
- Tratar outros asuntos de interese.

+ Info en:
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/2012/12/convocatoria-da-xvii-asemblea-plenaria.html
|||||||||||||||||

--



Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop

Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||||||||||||||||