segunda-feira, 21 de janeiro de 2013

Entre todas e todos temos que conformar a decisión da Revolta para o antroido en Ferrol 2013..

.. todas as comparsas reuníronse o pasado xoves no centro social de Piñeiros en Narón..

 A maioría das comparsas decidiron  que irían ao antroido de Ferrol se antes pagan o que deben do ano pasado 105 € e se a axuda de este ano é de 600 €. Só unha vai igual se pagan 500 €.

A Revolta foi a esa reunión con a proposta que acordamos as persoas que nos reunimos para decidir o da espuma. A proposta era que se as comparsas decidimos non ir a Ferrol que quedaramos todas xuntas nunha zona da cidade para celebrar o antroido.

A maioría das comparsas non están de acordo porque pensan que é facerlle o antroido ao concello igual pero sen cobrar.

A resposta da Revolta foi que llo fariamos chegar aos medios de comunicación para que se recollera como unha maneira de protestar das comparsas celebrando o antroido. Non houbo acordo.

Que facemos ? Mantemos a unidade de acción das comparsas ?, vamos por libre ?, insistimos falando con as comparsas do antroido reivindicativo? ..? ..? ..?

Algún dato ou información que queirades apuntar..