quinta-feira, 24 de janeiro de 2013

Antroido en Narón 2013..

Antroido en Narón 2013..
o sábado 9 de Febreiro antroido en Narón..

lugar e hora..as comparsas sairán ás 5'30 da tarde desde a praza de Galiza, no Alto do Castiñeiro, en percorrido a pé ata o Pazo da Cultura

espectáculo.. actúan todas as comparsas tendo cada unha un tempo máximo de 10 minutos

cancións.. temas que falen do que pasa no concello de Narón

axuda ás comparsas.. de Narón 500 € de fora de Narón 250 €

acordo da Revolta.. vamos, levamos cada un un pouco de comer para compartir e buscamos un bar onde pagándolle a Revolta as consumicións nos deixen comer alí.

para o público en xeral.. o antroido no Pazo da Cultura aporta unha boa acústica, é cómodo e non vai frio. Pola contra perde en festa, música, baile. Para acceder ao espectáculo no Pazo da Cultura é preciso retirar entrada, consultar http://www.padroadodecultura.es/

prazo para inscrición das comparsas.. este luns 28 de Xaneiro ás 9 da mañá.. importante presentarse moi cedo pois hai moitas comparsas de fora de Narón e so tres prazas..

-->

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

ENTROIDO 2013


1.- Realizaráse un desfile dende a Praza de Galicia (Alto do Castiñeiro) ata o Pazo da Cultura e, de seguido, un festival de comparsas no mesmo.

2.- Os días de inscripción serán do 28 de Xaneiro ó 6 de Febreiro, en horario de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h., no Pazo da Cultura, tendo que presentar 6 copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa.

3.- Poderán inscribirse un máximo de 7 comparsas de Narón e 3 de fóra deste Concello. A selección das comparsas participantes farase por estricta orde de inscripción. No caso de non cubrirse o cupo de comparsas de Narón, poderá cubrirse con comparsas de fóra, e viceversa, sempre que a organización o estime oportuno.

4.- O Padroado resérvase a posibilidade de convidar algunha outra comparsa, tanto de Narón como de fóra, compromenténdose ésta a participar únicamente nos actos do Día do Entroido en Narón.

5.- Tódalas comparsas participantes no festival farán o percorrido dende a Praza da Galicia ata a Pazo da Cultura, a pé, o sábado día 9 de Febreiro, sendo a saída conxunta ás 17:30 horas.

6.- As letras a interpretar polas comparsas falarán, obrigatoriamente, de temas locais do Concello de Narón, sendo o idioma a empregar: o galego.

7.- Cada comparsa estará formada por un mínimo de 15 membros que deberán ser, na súa maioría, persoas de máis de 14 anos.

8.- Cada comparsa disporá dun tempo máximo de 10 minutos para actuar nos que, co bo humor, fará crítica de todo o que nos trouxo o ano 2012.

9.- Tódalas comparsas participantes no festival e que sexan de Narón (enténdese por comparsas de Narón, aquelas en que, como mínimo, o 75% dos seus compoñentes residan en Narón. Dato éste que poderá ser comprobado pola organización), terán a obriga de facer unha actuación na súa parroquia e outra en calquera outra parroquia do Concello, con percorrido se é posible.

10.- O Padroado da Cultura asignará unha axuda económica a tódalas comparsas participantes, coa seguinte contía:
Comparsas de fóra de Narón ....................................... 250 €
Comparsas convidadas ............................................... 250 €
Comparsas de Narón ................................................... 500 €

11.- Establécense os seguintes premios: 1º, 2º e 3º Premio. Éstes consistirán nunha figura, recordo do Día do Entroido.

12.- Para o outorgamento dos premios, por parte do xurado designado polo Padroado, terase en conta:
a) A orixinalidade dos disfraces.
b) O inxenio da crítica feita na actuación.
c) A calidade musical.
d) O que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia.
13.- A participación das comparsas no festival supón a aceptación das presentes normas.