domingo, 17 de novembro de 2013

O que falamos e decidimos na pasada asemblea do venres 15 de Novembro de 2013 ás 8 do serán..




..decidimos despois dun amplo debate seguir adiante co curso de pandeireta e abrir un debate amplo sobre os usos do local.

..decidimos facer unha asemblea o sábado 30 de Novembro ás 6 da tarde para debater e tomar decisións sobre dous temas, a rotación nas responsabilidades e os usos do local. Podedes dende xa mandar as vosas propostas por escrito ao correo ou presentalas de palabra na mesma asemblea.

..proposta de Xiao de facer unhas aulas de batucada con percusión de fondo.

..proposta de Dani de comunicarnos a Revolta cun grupo de Wasapp a parte dos correos electrónicos.