sexta-feira, 5 de fevereiro de 2016

Axenda do Antroido 2016 - "Holi Revolta"

Este Antroido imos participar nos mesmos sitios que o vimos facendo nos últimos anos. Neda, Narón, Ferrol, Fene e Ultramar (Ferrol) no "Enterro da Sardiña". En Neda variamos, o cambio de goberno municipal, fixo que se recuperara o Antroido para a Vila, que se mantivo vivo n'O Roxal da mán da súa asociación veciñal, perante estes anos.

Axenda para este ano 2016.

NEDA.- Venres 5 de Febreiro, ás 8 da tarde na avenida Castelao (Antiga Estrada da Estación), para saír media hora máis tarde, non máis. O Concello na súa páxina web informa da programación e Bases (Ir á Web). O percorrido até o Pavillón Municipal son sobre uns 1.200 metros. Imos de cuartos, somos nove comparsas en total. Ao final das actuacións entregaran-se as distincións, pois os premios non son en metálico, aínda que cada comparsa ten unha axuda de 250 euros. as tres distincións son: por animación na rúa, por mellor crítica social e por vestimenta. Logo haberá un grupo que amenizará un baile de Antroido.

NARÓN.- Sábado 6 de Febreiro, ía-mos facer pasa-rúas, mais como as predicións meteorolóxicas din que vai chover, o Padroado de Cultura, avisou-nos para que estivésemos ás 5 da tarde no Pazo da Cultura. Información detallada no sitio na rede do Padroado (Ir á Web). Participamos dez comparsas e nós actuamos de sétima. As comparsas de fóra de Narón temos unha axuda de 300 euros, ás de Narón levan 600.

FERROL.- Martes 9 de Febreiro.

FENE.- Mércores 10 de Febreiro.

ULTRAMAR.- Venres 12 de febreiro. Enterro da Sardiña.

---