sábado, 30 de junho de 2012

II Xornadas Comunitarias "Estamos proxectando o Mercado de Caranza", trae a túa idea - 30 de Xuño 1ª Sesión; 14 de Xullo 2ª Sesión e 28 de Xullo 3ª Sesión


O sábado 19 de Maio, celebrabamos a primeira Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza, foi a primeira cita para, dentro das propias instalacións do Mercado Municipal, celebrar unha primeira xornada comunitaria para a posta en valor do mercado e comezar a criar colectivamente o proxecto da súa recuperación, foi o primeiro obxectivo que nos marcamos. Desde aquela continuamos, as cinco asociacións do barrio, coa intención de seguir co proxecto comunitario de incentivar e dinamizar a participación veciñal nos problemas que nos preocupan e as necesidades colectivas do barrio. Consideramos no seu momento que o Mercado, a propia edificación depauperada e o espazo que o rodea, en especial a traseira totalmente infrautilizada e abandonada, merecían outro tratamento por parte das autoridades municipais e a propia veciñanza. E niso estamos.

A esa primeira Xornada, continuaron reunión e debates, recollida de información e reflexión sobre o a mesma. Fixemos unha enquisa a comerciantes; e as operadoras e opreradores do Mercado, da cal temos unha análise que debatiremos na primeira sesión deste Sábado 30 de Xuño.

Estas Segundas Xornadas que veñen, divididas en tres sesións que realizaremos os días 30 deste mes e os 14 e 28 do mes de Xullo, teñen o obxectivo de elaborar un anteproxecto no espazo público e un programa de intervención no Mercado, coa intención de presentar-llo ao Concello.

Veciña, veciño, persoa interesada no traballo comunitario de calquera barrio ou lugar, pode participar nestas xornadas que facemos con vontade construtiva, transformadora e coa participación cidadá.





Un obradoiro aberto (sen inscripción previa), mínimo 3 xornadas: 30 de xuño, 14 de xullo e 28 de xullo.


Obxectivos xerais:

    Elaborar un anteproxecto de intervención no espazo público.
    Elaborar un programa de intervención no mercado.
    (para presentarlle ao concello)


Sesión 1: día 30 de xuño


Obxectivos:

    Presentación do obradoiro
    Introducción á participación veciñal no urbanismo
    Acordo sobre programa do mercado.
    Programa

11.00 Presentación

11.15 Exposición doutras experiencias de proxectos participados.

12.00 Formación de equipas de traballo e entrega do material.

12.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas, propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.45 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

13.15 Discusión do banco de propostas. Acordo sobre programa de usos.

13.45 Conclusións.

14.00 Remate.

    Materiais necesarios
    Pequeno dossier dando información sobre o mercado e o seu uso
    Actual (1 por grupo)
    Resume resultados das enquisas.
    Presentación en powerpoint (automática) para explicar exemplos
    De participación veciñal en urbanismo.
    Material de debuxo.
    pos-its.

Sesión 2: día 14 de xullo

Obxectivos:

    Acordo sobre programa do espazo público.
    Programa

11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais

11.15 Traballo en grupo. Análise das enquisas. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o mercado.

13.30 Remate.

    Materiais necesarios
    Pequeno dossier dando información sobre o espazo (1 por grupo).
    Planos do espazo público.
    Material de debuxo.
    pos-its.


Sesión 3: día 28 de xullo


Obxectivos:

Anteproxecto do espazo público.


Programa:


11.00 Formación de equipas de traballo e entrega de materiais.

11.15 Traballo en grupo. Propostas do grupo e conclusión de grupo. (1 proposta prioritaria e 2 non prioritarias)

12.00 Presentación e defensa das conclusións das equipas. Banco de propostas.

12.30 Discusión do banco de propostas. Acordo.

13.15 Conclusións. Documento de programa para o espazo público.

13.30 Remate.

Materiais necesarios:

    Documento do acordo de programa de intervención no espazo público.
    Maqueta do terreo-espazo público.
    Módulos-xogo de construcción.
    Material de debuxo.
    pos-its.

Enlaces relacionados:   
Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza e os Espazos Públicos - Sábado 19 de Maio

Crónica - Desde primeira hora do sábado a actividade do Mercado de Caranza, desenvolvíase dun xeito especial - Xornada Comunitaria en Caranza: 19 de Maio de 2012
-----