segunda-feira, 30 de abril de 2012
Xantar Fraternal Unitario, Obreiro e Popular do 1º de Maio
Estimadas comañeiros e compañeiras:
Hai uns días convidabamos a participar nun Xantar Unitario o 1º de Maio, no Parque Pablo Iglesias de Ferrol, máis as previsións meteoroloxicas para mañá non axudan para poder quedar-se no citado parque despois das manifestacións. Neste momento está enchoupado e para mañá dan a seguinte predición: "Ceos anubrados con chuvascos, máis probables e frecuentes pola mañá. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e máximas en moderado ascenso. Vento moderado do sur durante toda a xornada". Pois a non ser que estas prediciións estexan equivocadas e "faga un sol de carallo", imos celebrar o Xantar de 1º de Maio, no noso Centro Social, en Caranza, na Rúa Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2 Praza do Anfiteatro da Unidade Veciñal 2. Pois o local é amplo e ten diante uns soportais de máis de 300 metros cadrados. Non é o mesmo máis quen se anime alí estaremos.
-----