sexta-feira, 30 de março de 2012
LACONADA 2012
O pasado 17 de Marzo, fixémonos unha pequena homenaxe por teren traballado moito no Antroido e saíren as cousas tan ben.O que ten A Revolta é que aínda que te des unha festa tes que traballala. E así foi que nos repartimos as tarefas, fóronse comprando as cousas con o diñeiro que gañamos na antroidada e traendo todas as ferramentas para facer unha boa laconada. O dia anterior houbo quen se animou a preparar uns freixós no local, poñendo a punto os fogóns. Xa á mañanciña puxemos as potas ao lume, e antroido ulía en Caranza o fume. Comemos ben e cantamos tamén, o peor foi recoller e limpar, hai que traballar.
Enlace con o álbun de fotos:
https://picasaweb.google.com/a.revolta.de.trasancos/Laconada2012?authuser=0&feat=directlink
Enlace con a galeria de diapositivos en alta resolución:
https://picasaweb.google.com/114109206616044822479/Laconada2012#slideshow/5725778155701553650