segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Antroido 2012. Letra - Rajoi rezando e co mazo recortando -

Rajoi rezando e co mazo recortando - música, “ No estaba muerto que estaba de parranda”


Rajoi rezando [RETROUSO]
e co mazo recortando }(bis)
aquí está a Revolta, leré (bis 2)
que vimos metendo caña, leré leré

Eu vivía nunha casa, que non era de boneca
e agora levouma o banco, por non pagar a hipoteca.
E o PSOE e o PP, danlle os cuartos a Botín
nós a pagarlle o salario, e---eles non miran por min.
Rajoi rezando [RETROUSO]


Estudaba nunha escola, e xogaba no seu patio
e agora quitan o xogo, para rezar o rosario.
E así adorando a ese deus, que chaman de don diñeiro
Non importan as persoas, sal---van os bancos primeiro.
Rajoi rezando [RETROUSO]

A Revolta xa vai farta, de seminarios e cortes
agora decide ela, por onde van os recortes.
Comezan polo gobernó, e pasan á sacristía
E rematan a faena, coa--- banca e a monarquía.
Rajoi rezando [RETROUSO]