quinta-feira, 27 de outubro de 2011

Informaçom a tod@s membros d'A Revolta, sobre a denegaçom do permiso por parte do Concelho de Ferrol, para celebrar "O Magosto de Anita"

Estaimad@s Companher@s d'A Revolta, para quem nom o saibades por nom poder assistir à reuniom de hoje, decir-vos que o Concelho de Ferrol, acordou conceder-nos o permiso para o Samaim do 31 de Outubro, mas denegou o permisso para poder celebrar "O Magosto de Anita" do Sábado 29. Na Assembleia d'A Revolta de hoje, acordamos, entre outras cousas, ponher-nos em contacto co tecido associativo de Caranza para informar-lhes da negativa do Concelho, e solicitar-lhe ao mesmo de que revoque tal denegación. Fixemos um escrito que apoiam as seguintes entidades: Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Veciños de Caranza, Asociación Cultural López Bouza, Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Ferrándiz, Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Galicia de Caranza. Quedamos manhá, Quinta-Feira -Xoves-, 27 de Outubro, pola manhá, ás 10:00 hrs estar no Concelho para presentar o escrito ao Concelheiro responsável de Património que foi o que denegou o permisso.

Achegamos a continuación o escrito que lhes imos presentar e en ficheiro anexo, o mesmo em formato pdf.

A Atención do Alcalde Presidente do Concello de Ferrol
Concellaría de Facenda, Emprego e Recursos Humanos

As asociacións do barrio de Caranza, que se indican a continuación:

Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos

Asociación Cultural Fuco Buxán

Asociación de Veciños de Caranza

Asociación Cultural López Bouza

Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Ferrándiz

Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Galicia de Caranza

Diante da denegación, por parte deste Concello, do permiso para celebrar un MAGOSTO POPULAR, no Parque Carmelo Teixeiro, solicitude feita polo Colectivo Sociocultural A Revolta, para o sábado 29 de Outubro, queremos solicitar que se retire a denegación, e se conceda a solicitude presentada en base ás seguintes consideracións:

1º Que se trata dun MAGOSTO POPULAR de carácter público, aberto á participación de todo o barrio.

2º Que este magosto, ten como obxectivo reivindicar a figura de ANA PAZ RODRÍGUEZ, “Anita”, veciña do noso barrio, falecida hai dous anos, cuxa traxectoria vital, aínda que curta, é un compendio de feitos, actitudes e valores, que conforman un legado que consideramos hai que poñer en valor, sobre todo de cara a promocionar entre a xuventude do barrio un modelo de solidariedade, de activismo social, de empatía comunitaria, tan necesarios nestes tempos que vivimos.

Caranza, a 27 de outubro, de 2011

José Luis Gómez Cobelo
SCDR Galicia de Caranza

André Martínez Ces
CSC A Revolta de Trasancos

Bernardo Rego Gárate
A. Cultural López Bouza

Eladio Novoa López
SCDR Ferrandiz

Rafael Pillado Lista
A. C. Fuco Buxán

Santiago Magán Caridad
AAVV de Caranza

En representación:

Seguem assinaturas

--

Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos"

Centro Social d'A Revolta
Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2
Praça do Afinteatro da Unidade Vizinhal 2 de Caranza
15406 Ferrol - Galiza

Telefone do Coordenador do Colectivo:
605 455 340 [André]
a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com
--------