segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Antroido 2012. Letra - O tempo do corte recorPePé -

O tempo do corte recorPePé - música, "Estamos no tempo de troupele, troupele"


Estamos no tempo do corte recorpepé [RETROUSO ]
estamos no tempo de recortear,
estamos no tempo de botarlle o freno
estamos no tempo do PP frenar } (bis)
do PP frenar (bis)

Se van pola sanidade (bis)
e a queren privatizar,
vamos coller as tesoiras
e algo lle habemos amputar }(bis).


Estamos no tempo do corte recorpepé [RETROUSO ]

Se van pola educación (bis)
E a queren privatizar,
cun catecismo de chumbo
van parar ao fondo do mar }(bis).

Estamos no tempo do corte recorpepé [RETROUSO ]

Se nos servizos sociais (bis)
o PP mete a tesoira,
van sentir no propio lombo
para que serve unha vasoira }(bis).

Estamos no tempo do corte recorpepé [RETROUSO ]

E agora vamos marchando (bis)
que abran ben os ouvidos,
que recorten o que queiran
en “el valle de los caídos”.

Estamos no tempo do corte recorpepé [RETROUSO ]