sábado, 1 de novembro de 2008

A Revolta comprometida coa campanha do Comité Cidadán de Emerxencia ...: "A Ría, na Rúa"

[Clicar na imagem para ampliar - Debuxo tirado da web de A. C. Fuco Buxan]

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, organizou umha campanha de denúncia e reivindicación: "A Ría , na Rúa" que consisteu na realizaçom de 10 murais por dez artistas da Comarca en 10 prazas da cidade de Ferrol. A este acto na rua, sumou-se-lhe outro que consisteu nun roteiro ou paseio pola cidade, desde Caranza à Praça de Ferrol-Velho, passando por oito praças mais. A música da Revolta acompanhou a marcha de duas horas por todo Ferrol.


Hoje Sábado 1 de Novembro a Revolta decideu compartir o Magosto e Samaim 2008 co Comité Cidadán no acto central desta campanha que se celebrará no centro Cívico de Caranza, desde as 5 da tarde, cumha Esposiçom Colectiva e um Magosto Popular.


http://a-ria-na-rua.blogspot.com/
______________________

sábado, 12 de julho de 2008

Entrevista a Mercedes Peón: "A tradición é o máis libre que hai"

Luces
"A tradición é o máis libre que hai"
A cantante, gaiteira e percusionista coruñesa Mercedes Peón fala da necesidade de atopar un oco natural para a difusión da música de raíz. Síntese agasallada. "É o premio máis lindo que me podían dar", confesa.

ÓSCAR IGLESIAS
EL PAÍS - 11-07-2008

Coñecímola por Luar, pero houbo un ano no que a canle especializada da BBC só programou dous concertos en directo e un era o dela. No tren ou a dedo, Mercedes Peón (A Coruña, 1967) tripou o país durante vinte anos recollendo a danza e a música da xente. Aínda lembra o trance que supoñía partir dun determinado código "e deixarse ir". Co seu terceiro disco (Sihá) na rúa, parece superada a sorpresa que supuxo escoitar, entrado o século, unha música que mesturaba loops con sachos e legoñas tocados con pedras e tixola batente sobre lata de picante.

P. Como se sente?

R. Pareceume unha aposta moi arriscada por parte do xurado porque tamén o meu discurso e a miña música son arriscadas... Síntome moi agasallada e recoñecida. E encantoume: estou farta de que na propia Galiza me digan se non creo estar máis valorada fóra que dentro. Agora xa ninguén pode dicirme iso.

P. Disque se fixo galegofalante estando de campamento en Bergantiños. Como foi?

R. Eu falaba castelán na casa e castrapo na aldea. Pero no meu instituto de Monelos houbo un día un debate, en plan galego si, galego non. Esa, alá por 1980, foi a miña primeira conmoción. Entón fíxenme galegofalante ao 100%. O que provocou que empezase a falar galego foi o amor polos avós e por un debate estúpido. Nesa mesma época estaba de acampada na aldea de Imende, en Baldaio, e vin a unhas rapazas da miña idade coller unha pandeireta e tocar unha ribeirana. Iso foi un antes e un despois para o meu leitmotiv de vida.

P. Vinte anos tripando o país cunha gravadora dan para moito...

R. Bótalle 2.000 casetes, das que espero rescatar a metade. Era moi nova e aínda non sabía nada de antropoloxía, pero situábame nun punto, saía ata Carballo, por exemplo, e ía abrindo unha espiral facendo comparacións, preguntándolle á xente ata onde chegara e que influenzas tiña. Xa despois facía enquisas pautadas e distribuíaas. Achei cousas curiosísimas: traxes súper raros, homes con melena e barba en 1910... Alí estaba a rabela, por exemplo, un baile totalmente esquecido, por moito que despois o reinventase a Sección Feminina.

P. Que distinguía aquela música?

R. Galiza é o único lugar de Europa onde temos todo vivo. Hai que distinguir entre tradición e tradicionalismo: a tradición é libre, non estática. Evoluciona cara un mesmo sentido con cambios insensibles, todo o mundo aporta. En Galiza está a tradición viva, está o folclore, cos grupos que están representando a nosa terra baseándose, ou non, na música e na danza tradicional. E logo está a música folk, onde parece que entra todo o mundo. Hai que ter moito tino. Alguén que imite o que escoita nas aldeas e suba a un escenario e diga que é música tradicional... Iso é unha performance de música tradicional.

P. Hai xeito de limitar a perda da transmisión oral?

R. O oral está no rural, e o rural desaparece... A proposta que tracexei é xuntar a maiores e pequenos. E son os concellos os que deben dinamizar iso. Hai outras iniciativas que tamén deberían ser apoiadas, porque falamos de miles de persoas recollendo música nas aldeas desde os anos 80: están censados 10.000 gaiteiros, outros tantos bailadores, 3.000 pandereiteiras... Outra experiencia marabillosa sería facermos carpas itinerantes e incentivar ese tipo de festas. Pero a clave é asociármonos para que todo iso teña un sentido real nas cidades.

P. Tería sentido algo coma o Centro Andaluz do Flamenco?

R. Pero é que o flamenco non é tradicional; a tradición alí perdéuselles. Iso non é música tradicional, senón tradicionalista. É como chamarlle tradicional ás bandas ou aos cuartetos de gaitas. A gaita tocábaa un gaiteiro só cun tamboril, unha pandeireta e un bombo se o había, e sempre tiña que ter relación co baile.

P. Entón que se pode facer?

R. Aparte do ensino, o máis importante é conseguirmos que a sociedade teña un oco natural para estas cousas. Todo o que sexa museístico... Está xenial, pero non é o máis dinámico, e cómpre dinamizar a tradición. Se unha cultura e un idioma teñen que morrer, que morran, pero que non sexa porque nos acabamos a nós mesmos.

P. Experimentos coa música electrónica había, pero ata Isué aínda ninguén integrara loops e música tradicional.

R. Non sei se fun a primeira... Niso tería moito que ver Nacho Muñoz, que xa traballaba comigo daquela. O concepto de loop tamén ten moito que ver coa percusión, e eu son percusionista. O transo ao que podes chegar coa repetición... A min encántame a música electrónica. Non respondo a ningún tipo de estereotipo. Encántame Janis Joplin, o primeiro disco de Björk... Gústame o que me emociona.
P. A renovación estética do folk galego vai un pouco por tras da musical?

R. Normalmente a práctica vai por diante da teoría. Non lle fago moito caso á crítica musical, pero si penso que houbo unha revolución grandísima das pandereteiras. O mundo da muller valorado como música e como parte fundamental da transmisión oral. A revolta afecta tamén aos conceptos.

P. Os grupos de pandereteiras aínda se empezaron a dignificar hai pouco.

R. Nas aldeas sempre houbo máis pandereteiras que gaiteiros. En gaita estamos bastante peor. Todo suma, nada elimina, pero os nosos gaiteiros veñen das escolas; algunhas tradicionalistas, pero son moi poucas, é unha mágoa... Para que sobrevivan ten que haber unha relación co baile. Necesitamos que aquí se poña un gaiteiro a tocar e nós a bailar como trastornados... Ou coller eu o acordeón, en troques da gaita.

P. Pesou demasiado o celtismo na evolución do folk?

R. A min non, non teño problemas con iso. Son etiquetas. O problema é dos festivais que se encadraron aí, pero xa se están abrindo. A Ortigueira tiñan que levar a Dios Ke Te Crew... En xeral, o que hai que facer é programar ben. Unha profesión bonita pero moi dura.

P. Non hai camiño que andar ata normalizar a relación do folk coas outras músicas galegas?

R. En Andalucía iso nin se pregunta. Unha persoa do jazz mestúrase cunha do flamenco, pero beben da mesma fonte. Aquí necesitamos pandereteiras, compositores... Compoñer desde a nosa tradición, e vaite para o eido que queiras. Calquera que fai música pop, xitana ou alxeriana, non necesita mesturar texturas. Mestúrase o que está morto, pero isto está vivo.
________

Enlace co texto orixinal
_________

sexta-feira, 27 de junho de 2008

A Revolta colabora co Comité Cidadám

[Para ampliar clicar acima da imagem]

O passado 23 de Julho tivo lugar a Lumeirada da Revolta 2008, todo un suceso para nós. Com anterioridade, o nosso Colectivo decideu que todos o beneficios que tiraramos da lumeirada 2008, foram para apoiar a loita de oposiçom à Planta de Gás que REGANOSA contruíu dentro da Ria em Mugardos. Polo que se decidiu ingressar os cartos: 416,34 €, na conta do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Planta de Gás Fora da Ria !
________________

sexta-feira, 20 de junho de 2008

Lumeirada 2008 da Revolta em Caranza

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

Como vimos fazendo desde há 1o anos, esta Segunda-Feira, 23 de Junho, desde as 6 da tarde, terá lugar a Lumeirada 2008 da Revolta, nas inmediaçons da rua Cartagena, em Caranza.

Sardinhas, Chouriços, Música, ... e Lumeirada
_____________________________

sábado, 14 de junho de 2008

Propostas para a reuniom do 14 de Junho de 2008

From: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Date: 2008/6/10
Subject: citas A Revolta
To: lupe ces -lupeces@gmail.com-



Olá Revolta, este correio é para lembrar-vos ou informar-vos das citas que temos estes días.

Em primeiro lugar este sábado às 19hs teremos umha reuniom no local da Gándara para preparar a lumeirada da noite do 23. A mim também me gustaria falar dumha possível viage a Vigo, para participar nos actos que tem organizados a Marcha Mundial das Mulheres, o 18 e 19 de Outubro, poderiamos reservar um hostal para passar a noite do sábado 18, e poderia haver umha actuaçom do grupo de gaitas na feira..... Tamém me gostaria falar nessa reuniom da possibilidade de que os cartos que conseguiramos na lumeirada do 23 lhos deramos ao Comité Cidadá de Emerxencia para ajudar a pagar os procuradores.

Outra cita que temos é o sábado 28, sabedes que Berto estivo o dia 7 para ensinar-nos os traxes. pois bem o sábado 28 volve a estar com nós. Primeiro quedamos para comer no parque de Lago em Valdovinho, logo imos ver um tear que hai na associaçom de lago, Agulho vai ver se pode fazer.nos um para tecer partes dos traxes. e logo de estar em Lago volvemos ao local da Gándara para ver os traxes. Às duas da tarde quedamos para comer em Lago, às sete da tarde estaremos de volta na Gándara. Se levamos estes temas pensados podemos axilizar mais a reuniom e logo falar e tomar algo com tranquilidade que é o que eu mais agradezo. beijinhos a todas e todos.

Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/
lupeces@gmail.com

___________

Este passado 8 de Junho, A Revolta estivo na Manifestaçom na Defensa da Ria de Ferrol

[Clicar acima da foto para ver outras fotos]

A Revolta de Trasancos estivo manifestando-se polas ruas de Ferrol, o passado Domingo 8 de Junho, na convocatória do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para exigir o cesse da actividade da planta regasificadora de REGANOSA, assim como para denunciar o aumento da ameaça desta Planta de Gás contra a populaçom que moramos na Comarca de Ferrol - Terra de Trasancos e Beçoucos.
_______________

Programa especial de Rádio FilispiM - Descargar [115MB]


Intervençons e Manifesto - Descargar [15MB]


Enlace Reportagem Fotográfica
________

Charla: Preparaçom dum Obradoiro sobre o Traje Tradicional e Reuniom da Revolta

O pasado Sábado 7 de Junho tivo lugar un encontro com Berto Pérez, mestre, investigador e obrador, do Traje Tradicional.O objectivo do encontro com Berto era preparar um Obradoiro de Traje Tradicional. A Charla foi amena e deu o seu froitos, em pouco tempo estaremos preparad@s para iniciar o obradoiro, mas ainda queda um segundo encontro e umha visita ao obradoiro de tecidos que o mestre, tem na actualidade na associaçom vicinhal de Lago em Valdoviño que terá lugar o 28 de Junho, cum jantar de amizade, às 2 da tarde, no Campo de Lecer de Lago no concelho de Valdovinho.

O mesmo Sábado 7 de Junho,despois da Charla, tivolugar umha reuniom, onde decidimos realizar a Segunda-Feira, 23 de Junho, Lumeirada da Revolta 2008, como é habitual em Caranza, nas insmediaçons da Rua Cartagena, no Campo da Terra Batida. Acordamos, solicitar já a utorizaçom e umha toma de corrente eléctrica ao Concelho de Ferrol e convocar umha nova reunióm para o Sábado 14 de Junho, logodo ensaio que terálugar a partir das 7 da tarde.
__________

sexta-feira, 6 de junho de 2008

A Revolta apoia ao Comité Cidadán na luita contra REGANOSA e quere manifestar sua solidariedade co grupo de voluntar@s fechad@s no Concelho de Ferrol

O Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos" queremos fazer público o noso apoio à manifestaçom, do vindeiro Domingo 8 de Junho, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para exigir o cesse da actividade da planta regasificadora de REGANOSA, assim como para denunciar o aumento da ameaça desta Planta de Gás contra a populaçom que moramos na Comarca de Ferrol - Terra de Trasancos e Beçoucos.

Consideramos um sem razom o instalar umha Planta de Gas dentro dumha pequena Ria, moi povoada que ameaça as nossas vidas, a nossa seguridade e à própria Ria, já de por sim moi contaminada polos verquidos sem depurar, tanto industriais como urbanos.

A Revolta, já este ano denunciamos a REGANOSA, o perigo da entrada na Ria de gaseiros cargados con GNL e a corrupçom política e empresarial que acompanhou à sua construçom, coas nosas cantigas e disfraces, no Antroido,08. Agora o fazemos dentro do movimento social opositor à Planta de Gás.

Asemade queremos amossar o nosso especial apoio as pessoas que com grande esforço, mas com coerência e convinçom estám fechadas na Casa Grande do Concelho de Ferrol, para secundar as demandas e denúncias do Comité Cidadán de Emerxencia e para reclamar umha actitude activa dos nossos governantes municipais, na defensa da cidadania, da sua seguridade e vida.

A Revolta de Trasancos, chama a seus amigos e amigas, achegad@s, simpatizantes, forof@s e a cidadania em geral a participar na Manifestaçom que está convocada para este Domingo 8 de Junho de 2008, às 12 do medio-dia, no Porto de Curuxeiras de Ferrol.

Ferrol - Terra de Trasancos e Beçoucos, a 6 de Junho de 2008

José Manuel González Vide

Colectivo Sociocultural
"A Revolta de Trasancos"

Centro Social da Gándara de Narom
Rua Catro Caminhos, S/N
15570 Narom - Galiza

Telefone do Secretário do Colectivo:
650 736 313 [Jose]

a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com
____________

Como organizar um Obradoiro de Confecçom de Trajes Tradicionais

Este Sábado 7 de Junho, às 20:30 hrs da Tarde está programada umha Charla do Maestro e Investigador Etnográfico, Berto Pérez, especialista no Traje Tradicional Galego a sua História, Recopilaçom de Peças e Confecçom sobre.

A Charla terá lugar no Centro Social da Gándara en Narom, dia 7 de Junho, Sábado, às 19:00 hrs
__________

A Revolta e as nossas Letras

A Revolta participou o passado 17 de Maio no Acto de Homenagem a Rosalia De Castro, junto com outras entidades da cidade de Ferrol na praça que leva o seu nome.

[Proximamente Galeria Fotográfica e Crónica do Acto]
Dia das Letras 2008

sexta-feira, 16 de maio de 2008

Dia das Letras 2008

A Revolta acordou participar na autoconvocatória das entidades vecinhais, sociais e culturais, promovida pola Asociación Veciñal de San Xoán - Bertón concretada num Acto Festivo e Reivindicativo na Defensa da Língua, na Praza Rosalía de Castro de Ferrol, Sábado 17 de Maio, às 12:30 hrs. Manifestos, Poesia, Flores e Música. Logo juntaremo-nos no Local social da Gándara, para confraternizar num jantar de Maio.

PARTICIPA !!

Em Galego 365 dias !
Em Galego é posível !
_____________

A Nossa Língua é Internacional

A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:

1.- Denunciar as políticas de substituiçom lingüística que levamos sofrendo durante os últimos 25 anos, disfarçadas de falsa normalizaçom lingüística.

2.- Exigir o reconhecimento da condiçom internacional da nossa Língua, que com a variedade própria das línguas internacionais é falada por centos de milhões de pessoas no mundo, quer como língua nativa, como é o caso dos galegos, quer como língua oficial de oito Estados, ou como língua cada vez mais estudada em todo o mundo polas vantagens das línguas internacionais.

3.- Denunciar as autoridades e administrações públicas que, em vez de garantirem os direitos lingüísticos e democráticos do Povo galego, discriminam e perseguem aqueles que nom aceitam a deriva de substituiçom lingüística e dialectizaçom castelhanizadora do Galego que o torna desnecessário no seu próprio País.

4.- Apoiar a iniciativa aprovada no Parlamento por unanimidade reclamando a recepçom das rádios e televisões portuguesas na Galiza, que pedimos que se efective desde já e que nom fique numha simples declaraçom sem vontade real de a levar a cabo.

5.- Denunciar também os grupos extremistas que, protegidos por certos sectores políticos, atacam o direito e a liberdade de vivermos na Galiza em galego.

6.- Finalmente, apelamos a toda a sociedade para exigir umha mudança das políticas que tornam a Língua desnecessária e dialectal, como forma de impor o uso do castelhano, por políticas que garantam os nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos, assegurando que o Galego continue a ser a língua própria dos galegos e galegas, e umha língua extensa e útil.

Adiram ao Manifesto da Associaçom Galega da Língua

Associaçom Galega da Língua
http://www.agal-gz.org/
agal[arroba]agal-gz.org
Ap.do dos Correios, 453. 32080 Ourense (GALIZA)
Tel.: +34+ 988 441109 - Fax: +34+ 986 438856

________________



http://www.amesanl.org/18maio2008/amesa468x60.gif

Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO


As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

Lembra que o vindeiro domingo 18 de maio esta grande manifestación partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.

Lista de apoios.

Como recibir os apoios.

Autobuses desde Ferrol: saída ás 10.30 da mañá da praza de Galiza, diante do Teatro Jofre. [Telefone para apontarse - 690 30 72 45 - Carlos Outeiro]

Maio, 2008

A MESA pola Normalización Lingüística
_____________

A Revolta nos Maios 2008


A Revolta celebramos a chegada da Primavera 2008, coa construçom do nosso Maio na Praça da Gándara, o passado Sábado 3 de Maio.

En poucos dias publicaremos o Album de Fotos no Blog

sábado, 12 de abril de 2008

Reuniom da Revolta, Sábado 12 de Abril, às 6 da tarde

Reunióm da Revolta, Sábado às 6 da tarde no local social da Gándara.

Orde do dia:
  1. Concretizar programa e calendário dos obradoiros de Confecçom de Traje Tradicional e Informáica para principiantes
  2. Os maios
  3. O 17 de Maio
  4. Estado das Contas
  5. Legalizaçon
__________

quarta-feira, 19 de março de 2008

O 24 de Março iremos a Chamorro e jantaremos em Menáncaro

[Clicar acima da imagem para ampliar]

Nas reunions mantidas a Sexta -Feira e o Sábado, 14 e 15 de Março, tratamos vários pontos, dos que destacamos que a vindeira Segunda-Feira, 24 de Março iremos de caminhata até Chamorro e logo jantaremos em Menáncaro, quedamos ás 11:30 hrs no no ponto de encontro do cruze de Jeoane-Catabois, como anos anteriores.

Outro dos pontos foi informar do jantar de Lugo da Associaçom de Gaiteir@s Galeg@s, o domingo 30 de Março, ademais está pendente de decidir a proposta de entrar na associación.

Por último, informar que quedamos de apresentar a Irene Fernández Fidalgo e Vitor José Agulhó López, como candidata e candidato a formar parte do Padroado de Cultura do Concelho de Narom, polas associaçóns culturais.
______________--

domingo, 9 de março de 2008

O "Padroado da Cultura de Narón", informa-nos da convocatória de Eleiçons de representantes à sua Xunta

Recebimos umha notificaçom onde o "Padroado da Cultura do Concello de Narón", nos informa da convocatória de Eleiçons de representantes à sua Xunta. O praço de apresentaçom de candidaturas remata o vindeiro sábado dia 15 deste mes de Março, polo que, consultadas algumhas pessoas, se convoca umha reuniom extraordinária, para a Sexta-Feira, 14 de Março, às 7 da Tarde nos locais do C.S. da Gándara, para tartar este assunto.

Ademais lembrar que o Sábado 15 de março há ensaio para quem queira participar, também o sábado comentaremos temas que temos pendentes [obradoiro de traje tradicional, obradoiro de informática para principiantes, Apoio ao Comité Cidadán, sinatura de documentaçom ... ]

[Para ampliar o documento clicar acima da imagem]
_____

A Revolta na Manifestaçom Nacional do 17 de Fevereiro na defensa da Terra, do nosso litoral, dos nossos rios, dos nossos bairros, ...

A Revolta de Trasancos estivo o passado 17 de Fevereiro em Compostela, na Manifestaçom Nacional convocada pola Rede "Galiza Non Se Vende". A Revolta, decideu participar co Comité Cidadán de Emerxencia, levando A Revolta Chalaneira a Compostela, para denunciar o "Despropósito Gasístico" que instalárom no coraçom da nossa Ria.





[Clicar na image para entrar na Galeria]

domingo, 10 de fevereiro de 2008

Fragmento dum vídeo da actuaçom em Narom este Antroido 2008

A Revolta Chalaneira e os seus gases ... 1º Prêmio à melhor comparsa do Antroido 2008 em Narom

A Revolta a Compostela o vindeiro domingo 17 de fevereiro, para participar na Manifestaçom da Rede "Galiza Non Se Vende"

A gente do Colectivo decideu levar a "A Revolta Chalaneira e os seus gases ... " a Compostela a umha manifestaçom nacional que convoca a Rede "Galiza Non Se Vende" o vindeiro domingo 17 de Fevereiro, às 12 do meio-dia na Alameda, pola Defensa da Terra, do nosso Litoral, dos nossos montes, dos nossos rios, dos nossos bairros ... Desde esta comarca levaremos a reivindicaçom "Planta de Gas Fora da Ria", apoiada por: ADEGA, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Colectivo Fusquenlla de Pontedeume, Plataforma Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN- e VERDEGAIA.

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

Enlace co Manifesto, se queres podes assiná-lo:

MANIFESTO NA DEFENSA DA TERRA


Enlace coa web da Rede "Galiza Non Se Vende"

http://galizanonsevende.org/
______________

O final do Antroido 2008, para A Revolta, foi pola tarde na Gándara e pola noite em Pedroso num extraordinário Festival

O Sábado 9 de Fevereiro, tocou despedir o Antroido 2008 com grelos, lacom, chouriços, cachola, patacas... na Gándara, organizada pola associaçom vizinhal do bairro, a sobremesa foi estirada. Ademais, aproveitamos para felicitar a Vanesa que estava de aniversário e nos agasalhou cuns dozes e champam.♫ Parabénspara ti ♫ Como nom podia ser menos, o prêmio dumha Cesta de Antroido caiu nas nossas mans. É mágoa porque isto nos obriga a que o Sábado 16 de Fevereiro repitamos umha nova laconada, desta vez no Centro Social da Gándara em Narom, a nossa sede de ensaios, obradoiros e reunions, o disfraz queda na casa.

Galeria Fotográfica - Lacom com Grelos na Gándara - 09.02.2008

[Clicar na imagem para entrar na Galeria]

Às 10 da noite começou o Festival em Pedroso, A Revolta ali estava, pontual à sua cita coa vizinhança de Pedroso. O festival estivo amenizado polo grupo Fenix que fixo as delicias de td@s. Todo o mundo a bailar, havia numerosas mascaritas e disfraces. Também se achegárom, até o local Social "A Pombiña" de Pedroso, a comparsa "Os Parrandolos" de Pinheiros, que contratárom um autocarro, para desprazar-se por vários festivais que tivérom lugar este sábado pola Comarca. O gaseiro foi expulsado do local da Pombinha, por umha só chalana que pilotava Chus. A Revolta interpretou as suas cançons com muito sucesso, os aplausos prolongavam-se. A associaçom vizinhal serviu um delicioso chocolate quente com bolachas a para todo o mundo ali presente. Ah!, se nos esquecia que Xancinho tivo um encontronaço cum colúmpio que se lhe pujo polo médio, nom foi muito, mas tuvo que deprazar-se até o PAC de Sam Sadurninho, para que lhe figeram as curas, logo a seguir jogando. Desta vez, a "Cesta de Antroido", nom nos tocou, tocou-lhe a Ramiro Franco, mas como podedes ver na Galeria Fotográfica, como si nos tocara a nós, alguém levou os grelos para fazer caldo este Domingo. Ademais Ramiro Franco ofreceu-nos de balde os grelos para a laconada do sábado, grazas!

Galería Fotográfica - A Revolta em Pedroso - 09.02.2008

______________

A Revolta polas ruas de Ultramar e Sartanha, no enterro da Sardinha

Esta Sexta-Feira, 8 de Fevereiro, A Revolta Chalaneira e o seus Gases ..., participou no Enterro da Sardinha no bairro ferrolám de Sartanha - Ultramar, junto a um número importante de comparsas da Comarca. Às 8 da tarde, na cabeça da Rua Venezuela juntarom-se as comparsa para iniciar o festivo percorrido polas ruas do bairro e rematar na Praça de Ultamar com variadas actuaçons. Às Chalanas impedírom o passo do gaseiro que pretendia entrar na Ría coa sua perigosa carga de GNL. A acoglhida do público foi generosa e participativa que em votaçom a mam alzada aprovou que cantásemos outra cançom.

Nota.- Em pouco tempo nova Galeria Fotográfica "A Revolta Chalaneira e os seus gases ..., polo bairro de Sartanha - Ultramar [08.02.2008].
_____________

quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008

Fene, umha nova etapa para A Revolta neste Antroido 2008

Esta Quarta-Feira, 6 de Fevereiro, A Revolta nom deixou passar a oportunidade de levar as cançons e as chalanas até Fene.

segunda-feira, 4 de fevereiro de 2008

A Revolta no bairro ferrolám do Inferninho

Convidada pola Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", esta segunda-feira 4 de Fevereiro, A Revolta Chalaneira e os seus gases ..., participou no Antroido 2008 do bairro ferrolám. As crianças fôrom as grandes protagonistas das actividades organizadas por esta associçom.

A Ediçom em papel do Diario de Ferrol, publica a notícia do Acto

_________

domingo, 3 de fevereiro de 2008

O Primeiro Prémio do Antroido 2008 de Narom para a Revolta de Trasancos



Primeiro Prémio no Antroido 2008 do concelho de Narom!!! É certo que A Revolta se disfraza, compom as suas letras e sae às ruas para divertirse, para manter a tradiçom antroideira e aproveitar o rebumbio para lançar as suas críticas. Mais nom lhe temos noxo aos prémios que animam à Revolta ano trás ano a pôr criatividade e alegria a estas festas.
_____________
02.02.2008 Narom
_____________

sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008

A Revolta em Neda, no Antroido 2008


A Revolta Chalaneira desprazou-se até Neda no seu primeiro dia de antroido. O Concelho, umha vez mais, decideu nom organizar nada para o Antroido, polo que A Revolta Chalaneira decideu utilizar o dia para um ensaio geral en Neda. Estas som as fotos do dia.
____________

Saídas programadas este Antroido 2008 pola comparsa "A Revolta"

A REVOLTA CHALANEIRA E OS SEUS GASES... estarám estes dias gaseando as ruas dos concelhos:
  • Sexta-Feira [Venres], em NEDA, às 7 da tarde no bar ESPI. O concelho nom preparou nada, mas nós imos ir para poder fazer um ensaio geral.
  • Sábado, em NAROM, às 5 da tarde em Santa Icia.
  • Domingo descanso.
  • Segunda-Feira [Luns], FERROL às 5 e media da tarde no INFERNINHO, no Carvalho Calero.
  • Terça-Feira [Martes], FERROL na Praça de Amboage às 7 da tarde.
  • Quarta-Feira [Mércores], às 18hs en FENE, na estrada de Perlio.
  • Quinta-Feira [Xoves], descanso.
  • Sexta-Feira [Venres], FERROL ás 8 da tarde em Ultramar.
  • Sábado, NAROM comida organizada pola AAVV da Gándara (7 € laconada) quedamos sobre as 13:30hs. À noite imos a PEDROSO, ao local da AAVV A Pombinha.
  • Domingo 17 COMPOSTELA, participaçom na manifestaçom GALIZA NON SE VENDE.
    _____________

domingo, 27 de janeiro de 2008

Letras do Antroido 2008

Antroido 2008
A Revolta Chalaneira e os seus gases


Poderoso é don dinheiro
Música: O pirimpimpim (tradicional)

Tenho dentro desta Ria
o meu coraçom partido
nom sei que será melhor (bis)
a merda ou tanto perigo.

Pirimpimpim,
pim pim pim pim
afundindo por alá,
afundindo por alí.

Ao entrares em Mugardos,
vês os tanques moi de perto
que estam sempre a dizer (bis)
quantas vidas por dinheiro.

Ninguém para esta ameaça
nem por vidas nem marisco
quem me dera a mim saberem (bis)
quem nos tem tanto carinho.

Vizinhança de Meá
encerrou-se no concelho
nom dobrárom as vontades (bis)
poderoso é dom dinheiro.

ENDESA ai vai,
FENOSA ai vai,
Caixa Galicia,
a Xunta que é da família
REGANOSA num altar.


Um Presidente
Música: Conanfron (tradicional)

Era-vos um presidente
moi amigo de ladrons
conhecia a um tal Tojeiro
bem apanhados os dous.

Tenho terras, Fraguinha,
ala por Mugardos
que podemos vende-las
e fazer cartos
umha planta de gás
e tanques com merda
que umha vez já de feita
já nom dá perda.

E ajudou-lhes um tal Orza
que andava de conselheiro
dixo o que valia a terra
e levou também dinheiro.

Tenho terras Fraguinha...

E Blanco que é conselheiro
colgou-lhe umha medalha
dixo que o Grupo Tojeiro
fixo-o todo pola pátria.


Casárom em REGANOSA
Musica “O Galo” (Sergio Godinho)

FENOSA é dona de todo
vai detrás Caixa Galicia
vam às dúas por codícia
vam arrasando com todo,
FENOSA é dona de todo
FENOSA é dona de todo.

ENDESA a contaminar
já nom lhe chega coas Pontes
seja o Eume ou as fontes
que a lagoa os vai secar,
ENDESA a contaminar
ENDESA a contaminar.

Casárom em REGANOSA
junto co Banco Pastor
a Xunta que os bautizou
dixo-lhes “a Ria é vossa”,
que aqui manda REGANOSA
que aqui manda REGANOSA.

Por se nom chega co gás
vam chupando a auga da Ria
a vomitam com leixívia
nom se pode mariscar,
por se nom chega co gás
por se nom chega co gás.

Agardemos que esta história
nom remate em “explosión”
que entre um gaseiro em “acción”
e nom quede nem memória,
imos cambiar esta história,
queremos seguir aqui:
Trasancos a Ría é a nossa !


Os tetos da TVG
Música “A cabritinha”

Quando eu cheguei à TVG tomei asento
ouvim Luar! e fiquei ali sentado
vam quinze anos e já cambiou o governo
ainda sigo neste inferno
e ninguém o dá cambiado.
Eu som Gayoso som a estrela do Luar
som da tele o capoeiro
e pra sempre vou ficar.

Eu gosto de mamar
Nos tetos da tvga
Eu gosto de mamar
Nos tetos da tvga
Eu gosto de mamar
Nos tetos da tvga
Mande a esquerda ou a direita
a mim nom me vam botar.

Quando eu cheguei a este negocio
inda era novo, Superpinheiro!
para sempre contratado
e se com Fraga fazia de conservador
nom tenho nengum pudor
de bando tenho cambiado.
Eu som Pinheiro som a estrela em TVG
ainda que nom tenha audiência
por aqui já vou ficar.

Eu gosto de mamar...

Assim ficamos deste jeito benzoados,
pola esquerda, para sempre perdoados.
Nem o Prestige nem tantos anos escuros,
que era a cultura do "puro",
o demais ficou calado.
Quem nos criou foi o grande Don Manuel
nós mandamos nesta casa
e ninguém nos vai mover.

Eu gosto de mamar... (bis)


As Chalanas
Música: Foliada de Cercedo

Hai umha planta de gás
que ameaça a nossa vida.
Escoitade berra o povo,
a planta fora da Ria! (bis)
ai la le lo ai la la lo.

E no médio, e no médio da Ria
o gaseiro passar nom podia,
nom podia queria pasar(e)
e as chalanas pechavam o mar(e)

Cambiárom muitas chaquetas
comprárom muitas vontades
REGANOSA compra a prensa
para acalar a verdade (bis)
ai la le lo ai la la lo.
E no medio........

Som ricos e poderosos
governam as nossas vidas
ainda assim nom nos rendimos,
a planta fora da Ria! (bis)
ai la le lo ai la la lo

E no médio .......


Salario de Rei
Música: Pasodoble tradicional

Era por pensar
era por pensares tanto
era por pensar
por isso cobrava tanto o animal.

Em Ferrol hai um alcalde
que tem salário de rei
cobra setenta mil euros
e dí que os vai merecer.

Era por pensar......

Cincuenta mil ou cuarenta
governo e oposiçom
nom é estrano que pelexem
por manter-se no silhom.

Era por pensar ....

Quando votes por alguém
pide-lhe o certificado,
que o poder nom lhe corrompa
e que nom cambie de bando.

Era por pensar .....


Esta é A Revolta
Música: Tradicional

Em Trasancos no tempo de Antroido
cheira bem, cheira a Revolta
auga e farinha por todo o povo
cheira bem, cheira a Revolta.
Oes ti! nom está disfrazad@
Oes ti! que che vou “a molhar”,
que se nom tes carouta no Antroido
vai vir a Revolta e vai-che enfarinhar.


QUANDO SE PIANTA......BELLA POLENTA

Com reganosa no meio da ría
Com a planta na ría ,vai passar cosi, ai cosí
vai passar cosi
gaseiro cosi
Aiaiai com reganosa ai cosí !!!
Quando se encalha no meio da ría
Com a planta na ría vai pasar cosi, ai cosí !!
vai passar cosi
gaseiro cosi
se encalha cosi
se racha cosi
Aiaiai quando se racha cosi,
Quando se sale o gas por o furado
Com a planta na ría vai passar cosi, ai cosi!!
vai passar cosi
gaseiro cosi
se encalha cosi
se racha cosi
se fuga cosi
se inflama cosi
Ai ai ai, quando si inflama cosi,ai cosi!!
Quando se arde o gas inflamado
Com a planta na ría vai passar cosi, ai cosí
vai passar cosi
gaseiro cosi
se encalha cosi
se racha cosi
se fuga cosi
se inflama cosi
se estoura cosi
se arde cosi
Ai ai ai quando si arde cosi, ai cosi !!!
Quando si busca ferrol-e no mapa
Ferrole no mapa, nom está cosi, ai cosi !!!
vai passar cosi
gaseiro cosi
se encalha cosi
se racha cosi
se fuga cosi
se inflama cosi
se estoura cosi
se arde cosi
ferrol vai cosi
sem mapa cosi
Ai ai ai ferrol sem mapa cosi, ai cosi!!! !


UM BRINDE POR REGANOSA `
MÚSICA: VENGA UN BRINDIS CABALLERO.

Um brinde por reganosa
Ja temos o gas na ria!!!
Adeus a o polvo
A o longueirom
Brindemos todos com formol !!!!

brinda a vieira com urea
o camarom com metanol
deixa-te de porto exterior
dentro da ría chatarra, gas e carbom

Luras com dentes
Centolos sem pes
E os baralhocos falando em inglés

beber !! Catar !!
catar esta toxina amnésica!!!!

Com reganosa a todo gas
O caranguejo vai pra atrás

Viva,
a ría ?
Viva,
viva pra que ?


DIARREA EPISCOPAL
MÚSICA NORDÉS: DIPLOMÁTICOS.

Eu som um barco gaseiro
Rei do peido som no mare
A rainha peido em terra???
A conferencia episcopal
E ja me leva inflamado
Tanta diarrea mental
Senhora da incontinencia
Da gastrite familiar

Indo por o mar abaixo
Perguntou-me um petroleiro
Onde vas tam inflamado???
Leva a cope um marinheiro??
Indo por o mar abaixo
Perguntou-me outro gaseiro
Que se vou pra reganosa
Pra botar num tanque um peido!!

A rainha peido en terra
E o seu gas episcopal
Fixerom uma pancarta
De uma caca familiar
"peidofilia" é a rainha
Referente da moral
Vade retro benedicto
Que me inflamo e levo gas!!!!


GASEIRO VOU POR A RÍA
MÚSICA : SALI DE LA HABANA UN DÍA....

Gaseiro vou por a ría
Com um peido pra te verter
En ferrol eu puidem ler
Um cartaz que assim dicia

Entra em zona perigosa
Territorio reganosa
Outro dí fraga e tojeiro
Que se vaiam pra o caldeiro

Gaseiro vou por a ría
Com um peido pra te verter
Vexo a cacerola em pe
Tocando esta melodía

A planta fora da ría
Promontorio saneado
A vieira sem toxina
E o concelho sem "rajados"


O "TRIO LOS PANCHOS"
MUSICA : TRES ANOS FOI MUINHEIRA

Anda moi bem empolvado
Tourinho com reganosa
anda moi bem empolvado
Está fora de perigo
nom come o polvo em mugardos

Tourinho asinou Quintana tambem
E logo diram Fraga fixoo bem
Chalanas tixolas e marcha de pés
Ja está emparentada a mafia do nordés

Tem um olho extraviado
O compraventa Quintana
tem um olho extraviado
E pom um parche no outro
di que o tem avariado

Alcalde de neopreno
Irisarri colhe a onda
Alcalde do neopreno
toma esta onda expansiva
Ferrol clasik ai lalelo

Ja marchamos os gaseiros
tócalhe ao trio "los panchos"
ja marchamos os gaseiros
que vendem a nossa ria
a compases de "boleiro"


MÚSICA: AMPARANOIA : EL DÍA QUE ME DIJISTE.

Por mala e por perigosa
Ia reganosa pra o porto exterior
Logo um "pacto á siciliana"
No meio da ría a planta chantou

Agora que ja passarom mais de 7 anos
Daquela invasom
Ja temos planta na ría
Aguardando o día do "gran colocom"

No meio da ría nom
Reganosa perigo pompom
Ai Ferrol tu como o ves???
Depender do vento do nordés!!!!!

Eu nom viria contento
Nom sendo gaseiro
Sendo de ferrol
E assim depender do vento
Pra sobreviver ao gran colocom!!
Meu gas, nem se ve nem cheira
É cousa lixeira
Nom o vai parar,
Nem o pp nem o soe
Fernández ou bloque ,nem o san julián

No meio da ría nom.......

Eu venho de tanque cheo
Por entre castelos tenho que passar
O fondo fura-me a quilha
Ai minha barriga!!! Moveuse-me o gas!!!!
Entom chego a reganosa
E boto o meu peido fora de lugar
Som da ría prisioneiro!!!
De onde vem o vento???
Pra onde vai o gas?????

No meio da ría nom !!!!

_______________________

terça-feira, 15 de janeiro de 2008

Vídeos: A Língua Galega a Debate

Vídeos sobre a Língua Galega:
________________

10 min - 10-abr-2006
________________

9 min - 11-abr-2006 -
2)...Continuación da emisión de 'Hai Debate!', da TVG, sobre a normalización lingüística. Convidados: José Manuel Lage
________________

3 min - 12-dic-2007
da lingua...Dende o ano pasado funciona en Santiago o Voluntariado de Activación Lingüística (VAL). Un programa no que voluntarios galegos acompañan á xente chegada
________________

8 min - 31-oct-2006 -
RTP onde traductores do Parlamento Europeo, eurodiputados portugueses até do PP europeo recoñecen ao galego e ao portugués coma(aínda) o mesmo idioma.
________________

54 min - 30-abr-2007
Manuel González, Marisol López e María Xosé Pérez Mariño debaten sobre o estado actual da lingua galega no programa conducido por Susana López....Susana López
________________

8 min - 27-ago-2006
TV portuguesa...Reportagem sobre a língua galega na RTP Internacional, sobre a petiçom da AAG-P eo MDL ao Parlamento Europeu para que se abstenha de
________________

sábado, 5 de janeiro de 2008

A Revolta no Homengem e Reconhecimento a Carmelo Teixeiro


A Revolta quiso contribuir cum pouco de música à homenagem e reconhecimento a Carmelo Teixeiro, Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, incansável e comprometido companheiro de viage pola defensa da vida e da Ría, contra o despropósito gasístico de REGANOSA. O Acto tivo lugar o passado 18 de Dezembro de 2007, no Centro Cívico e Cultural "Carvalho Calero", no Inferninho de Ferrol.
________

sexta-feira, 4 de janeiro de 2008

A Revolta numha Audiçom no IES ATIOS de Valdovinho


O Passado mês de Dezembro A Revolta colaborou co departamento de música do IES ATIOS no concelho de Valdoviño, para impartir umha classe de música tradicional: "A Gaita na Música Tradicional Galega".

Umha representaçom do noso colectivo interpretou várias peças do seu repertório, acompanhados com percussom [tambor e bombo] e o maestro gaiteiro, Vitor Agulló, deu umha leiçom magistral, seguida com interesse polos case 200 alunos e alunas dos ciclos de Infanil e Primaria, assím como polas suas mestras e mestres.
________________
05.12.2007 - Valdovinho
_____________