segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Antroido 2012. Letra - Ai a crise se nota - música “O rodaballo”

Ai a crise se nota - música “O rodaballo”


Chegaron os da Revolta
e con moito disimulo (bis)
van empapelando á xente, uiaiai uiaiai
non te vaias poner chulo,
van empapelando á xente
non te vaias poner chulo.

Ai a crise se nota [RETROUSO]
Ai a crise se ve,
os cartos para os bancos
e o PP


Ai veñen os cabezudos
coas motoserras cargadas (bis),
e nós cos petos baleiros, uiaiai uiaiai
e as tesoiras afiadas,
e nós cos petos baleiros
e as tesoiras afiadas.
Ai a crise se nota [RETROUSO]

Escomenzamos en Pepe
rematamos en Narón (bis),
xa temos as nosas gorxas, uiaiai uiaiai
empapadas en cancións,
xa temos as nosas gorxas
empapadas en cancións.
Ai a crise se nota [RETROUSO]