segunda-feira, 31 de outubro de 2011

Definitivamente o Samaim da Revolta nos Soportais da Praza do Afinteatro das Rosas

A chuvia chegou de novo, polo que definitivamente o Samaim d'A Revolta celebrare-mo-lo nos Soportais da Praza do Afinteatro das Rosas, frente ao nosso Local.

Como todos os anos, esta Segunda-Feira -Luns,  31 de Outubro, véspera de festivo, celebraremos o Samaim e Magosto d'A Revolta, desde as 6 da Tarde en Caranza, estaremos nos soportais frente ao noso Centro Social na Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2.
Música e cançons.
Obradoiro de Cabaças.
Castanhas Assadas.
Zumes e Leite para as crianças.
Chocolate com Churros.
Vinho e Licor café.

Nom faltes !

Assi foi, en fotos, o Samaim d'A Revolta o ano passado.


[Clica acima da imagem para entrar nas Galeria de Diapositivos]

----------

domingo, 30 de outubro de 2011

Algumhas Palavras, Fotos e Vídeos do Magosto de Anita 2011


Este Sábado 29 de Outubro de 2011, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, celebramos "O Magosto de Anita". O magosto é umha festa de encontro. As castanhas som laboriosas, para asar e comer, cria-se asi um tempo para o diálogo, as risas compartidas e a informaçom flue compartindo sentimentos, emoçons, novas... Nesse espaço, a figura de "Anita", Ana Paz Rodríguez, recobra todo o seu significado. A experiencia vital de "Anita", converte-se nun legado de solidariedade, de loita pola justiça, pola igualdade, pola defensa da nossa identidade linguística, cultural ... Anita é também a idea de comunidade, é bairro organizado, para a loita, a reivindicaçom e tambén para a festa. "Anita" é o legado para as novas geraçons. É a constataçom de que com organizaçom, com uniom, temos ganhado o futuro. "Anita" é também o legado do coidado como valor comunitário fundamental. Um coidado que ela praticava e ensinava em todos os espaços sociais, laborais, políticos, pessoais, que contarom coa sua presença em vida, e que agora toca, preservar, multiplicar e legar à gente máis nova. Neste magosto demos um pequeno passo, queda todo um caminho por andar.




Fontes:
Albúns da Revota - 2
Canle ARevoltaTrasanqueira


Nota para o Vídeo e as Fotos:
As fotos postadas nom som moi boas e estám mal tiradas, co objectivo manchado, estamos agardando as de Susete'70 e ademais o enlace dun Blogue sobre "Anita" feito por el. O vídeo que postamos é umha lista de reproduçom de 8 pequenos vídeos ainda sem editar, proximamente faremos um, mas bem feito. Se alguém fixo fotos ou vídeo e no-lo que achegar, pois estariamos moi agradecid@s. Obrigad@s ! A Revolta

Nota.-

Nuns dias postaremos mais.
___________

quinta-feira, 27 de outubro de 2011

Concedido o permiso para celebrar "O Magosto de Anita"

Hoje pola manhá recebimos a notificaçom [*], por várias vias, de que o Concelho dava marcha atrás na sua decisión e revocou a denegación comunicada onte, CONCEDENDO PERMISSO, para que poidamos celebrar "O Magosto de Anita" este Sábado 29 de Outubro, desde as 6 e media da Tarde no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza.

Agardamos por tod@s !!

[*] De todos os xeitos entregamos por registro a carta do tecido associativo de Caranza, dirigida ao Concelheiro responsável.

Informaçom a tod@s membros d'A Revolta, sobre a denegaçom do permiso por parte do Concelho de Ferrol, para celebrar "O Magosto de Anita"

Estaimad@s Companher@s d'A Revolta, para quem nom o saibades por nom poder assistir à reuniom de hoje, decir-vos que o Concelho de Ferrol, acordou conceder-nos o permiso para o Samaim do 31 de Outubro, mas denegou o permisso para poder celebrar "O Magosto de Anita" do Sábado 29. Na Assembleia d'A Revolta de hoje, acordamos, entre outras cousas, ponher-nos em contacto co tecido associativo de Caranza para informar-lhes da negativa do Concelho, e solicitar-lhe ao mesmo de que revoque tal denegación. Fixemos um escrito que apoiam as seguintes entidades: Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Veciños de Caranza, Asociación Cultural López Bouza, Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Ferrándiz, Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Galicia de Caranza. Quedamos manhá, Quinta-Feira -Xoves-, 27 de Outubro, pola manhá, ás 10:00 hrs estar no Concelho para presentar o escrito ao Concelheiro responsável de Património que foi o que denegou o permisso.

Achegamos a continuación o escrito que lhes imos presentar e en ficheiro anexo, o mesmo em formato pdf.

A Atención do Alcalde Presidente do Concello de Ferrol
Concellaría de Facenda, Emprego e Recursos Humanos

As asociacións do barrio de Caranza, que se indican a continuación:

Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos

Asociación Cultural Fuco Buxán

Asociación de Veciños de Caranza

Asociación Cultural López Bouza

Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Ferrándiz

Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Galicia de Caranza

Diante da denegación, por parte deste Concello, do permiso para celebrar un MAGOSTO POPULAR, no Parque Carmelo Teixeiro, solicitude feita polo Colectivo Sociocultural A Revolta, para o sábado 29 de Outubro, queremos solicitar que se retire a denegación, e se conceda a solicitude presentada en base ás seguintes consideracións:

1º Que se trata dun MAGOSTO POPULAR de carácter público, aberto á participación de todo o barrio.

2º Que este magosto, ten como obxectivo reivindicar a figura de ANA PAZ RODRÍGUEZ, “Anita”, veciña do noso barrio, falecida hai dous anos, cuxa traxectoria vital, aínda que curta, é un compendio de feitos, actitudes e valores, que conforman un legado que consideramos hai que poñer en valor, sobre todo de cara a promocionar entre a xuventude do barrio un modelo de solidariedade, de activismo social, de empatía comunitaria, tan necesarios nestes tempos que vivimos.

Caranza, a 27 de outubro, de 2011

José Luis Gómez Cobelo
SCDR Galicia de Caranza

André Martínez Ces
CSC A Revolta de Trasancos

Bernardo Rego Gárate
A. Cultural López Bouza

Eladio Novoa López
SCDR Ferrandiz

Rafael Pillado Lista
A. C. Fuco Buxán

Santiago Magán Caridad
AAVV de Caranza

En representación:

Seguem assinaturas

--

Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos"

Centro Social d'A Revolta
Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2
Praça do Afinteatro da Unidade Vizinhal 2 de Caranza
15406 Ferrol - Galiza

Telefone do Coordenador do Colectivo:
605 455 340 [André]
a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com
--------

quarta-feira, 26 de outubro de 2011

Samaim d'A Revolta 2011

Como todos os anos, esta Segunda-Feira -Luns,  31 de Outubro, véspera de festivo, celebraremos o Samaim e Magosto d'A Revolta, desde as 6 da Tarde no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, no caso de chuvia estaremos nos soportais frente ao noso Centro Social na Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2], Praza do Afinteatro.

Música e cançons
Obradoiro de Cabaças
Castanhas Assadas
Zumes para as crianças
Vinho e Licor café

Nom faltes !

----------

O Magosto de Anita

Este Sábado 29 de Outubro de 2011, desde as 6 e media da Tarde imos lembrar a Anita num Magosto em Caranza, montaremos umha carpa no Parque Carmelo Teixeiro, xunto a Ermita, entre a rua Cartagena e a Avenida do Mar.

"Celebramos un magosto aberto a todas e todos, onde haberá música, castañas, viño, zumes, festa, e lembranzas,... O corazón aberto, as pernas lixeiras e a gorxa mollada para un bo cantar. Unha xuntanza para recordar á persoa, conservar a tradición e... pasar unha boa tarde entre tod@s nos. Esperamos a vosa participación. Teremos un cuberto se a chuvia quere aparecer..." [Lembranza de Anita]


Anita no facebook
http://es-es.facebook.com/pages/Anita/155128607861230

Enlaces para Anita:


  • Dúas ferrolás foron distinguidas -logo do seu pasamento- cunha mención especial na entrega do "Premio 8 de Marzo" da CIG: Ana Paz Rodríguez -Anita- e Margarita Bellas Miragaya -Marga- [Em Ártabra 21]
  • Homenaxe a "Anita" na Comarca de Trasancos [Em Ártabra 21]

---------

domingo, 23 de outubro de 2011

Convocatoria Asemblea para o mércores 26 de Outubro.

Proposta de Asemblea da Revolta para este mércores 26 de Outubro ás 7'15 da tarde.

Aínda que pareza que a orde do dia é longa non o é. Temos que procurar facer a asemblea en menos dunha hora. Por iso o que poida que sexa puntual.

1. Obras no local. Ven o inverno e hai que darlle ferro.
-Seguir lixando paredes.
-Poñer a porta.
-Poñer o bater.
-Obras da comunidade de mellora das arquetas.

2. Informar como van as obras das ramplas de acceso ao local.

3. Chamamento a participar na concentración en defensa da sanidade pública, que vai ter lugar o xoves 27 de Outubro ás 8 da tarde na praza do concello. Quen queira algún cartaz ou folletos informativos falade con André.

4. Informar do Magosto de Anita. 29 de Outubro.

5. Repartir traballo Magosto-Samaím da Revolta. 31 de Outubro.
-Comunicación ao Concello. Se non chove no parque Carmelo Teixeiro, se chove diante do local da Revolta.
-Cabazas.
-Castañas.
-Grella.
-Carbón.
-Liscos.
-Pan.
-Bebida.
-Velas.
--------------------

Actividades de comezo da temporada 2011-2012

Neste comezo da temporada 2011/2012 da Revolta.

1. Os venres a partires das 6 da tarde ensaios e aprendizaxes das letras de cancións tradicionais e festeiras.

2. De luns a xoves de 5 da tarde a 7'30 da tarde obras no local da Revolta.
-Traer roupa de traballo.

----------

sábado, 22 de outubro de 2011

Cançons para os Ensaios - O Rodavalho

O RODABALLO

NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
ROUBARON UN RODABALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
ROUBARON UN RODABALLO

MALA CHISPA TE COMA,
MALA CHISPA TE DÉ,
MALA CHISPA TE CHANTE UI AI E

O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
DICÍALLE AO RODABALLO
UI AI AI UI AI AI
MOITO MIRAS PARA MIN

FORON VENDER Á LONXA
E CON MUITO DISIMULO,
E QUEN LLO FOI A MERCARE!
UI AI AI UI AI AI
A FILLA DO CACHIRULO!

TEÑA COIUDADO PATRÓN
QUE ESTE PEIXE ESTÁ ENMEIGADO
PORQUE XA NACEU CO SINO
QUE HABÍA DE SER ROUBADO

AQUÍ ACABA A HISTORIA
AQUÍ ACABA A HISTORIA
DESTE PEIXE RODABALLO
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
HOUBO QUE COMELO ASADO.

*********