quarta-feira, 9 de janeiro de 2013

Proposta para facer unha asemblea para decidir sobre o Antroido 2013.. este domingo 13 de Xaneiro ás 6 da tarde no local..

.. chamamos aos diferentes lugares onde case sempre  participamos con a comparsa e a información que temos é esta..

Venres 8 de Febreiro. No Roxal en Neda.. pendente de confirmar se organiza o concello o antroido na vila, ou se organizan as asociacións veciñais no Roxal. Estas últimas teñen todo preparado pero se o concello de Neda fai a festa xa non a levarían adiante. No Roxal habería unha cea e a axuda económica para as comparsas sería moi pouca ou non a habería.

Sábado 9 de Febreiro. En Narón.. confírmase a celebración.. xuntanza con as comparsas a semana que ven..

Martes 12 de Febreiro. En Ferrol.. pendente de confirmar.. na oficina de cultura non teñen noticia de momento do que pensa facer o concello..

Mércores 13 de Febreiro. En Fene.. confírmase a celebración..

Venres 15 de Febreiro. En Ultramar en Sartaña.. confírmase celebración.. xuntanza con as comparsas a semana que ven.. está a asociación veciñal aínda sen cobrar a axuda do concello do antroido do ano pasado..

Antroido en Caranza.. propostas ideas e xente para levalas adiante..

..decidiremos o traxe, materiais, horarios de ensaios,..