quinta-feira, 17 de janeiro de 2013

Información e decisións que vamos tomando sobre o Antroido 2013 ..

Vamos ir disfrazados de vivendas.., para recoller neste antroido un dos problemas que nos afectan a todas e todos e que durante todo o 2012 estivo e está ao roxo vivo.. os desafiuzamentos, a privatización do dereito á vivenda, a especulación, a tiranía da banca,..

O material a utilizar é a espuma.. A Revolta vai mercar a espuma para levar na cabeza. Cada prancha de espuma repartirase entre dúas persoas. Vanse comprar 35 pranchas que dan para 70 persoas contando con as crianzas. As pranchas son de 2 m x 1'10 m e 15mm de espesor. O prezo é de 7 € a prancha en total 245 €. A merca de pintura está por decidir. O que se leva no corpo, os complementos, as estruturas para acompañar a escenificación, por exemplo a idea do guindastre da banca para derrubar o dereito á vivenda, van ir saíndo da iniciativa de cada un e do traballo en conxunto no local.

Este venres 18 de Xaneiro temos un ensaio xeral ás 7 da tarde.. Todas as tardes vai estar aberto o local de 4 a 8 para poder ir a traballar. Se chegades ao local e está pechado poñédevos en contacto con André tlf.605 455 340, ou con Isma, Fátima ou Conchi.

Onte tivemos a reunión en Ferrol das comparsas con o concello.. A concelleira non apareceu, estaban unha traballadora do concello e dous representantes da empresa que vai organizar o antroido. A empresa é a produtora Jarabe e participa nunha das plataformas na que se agrupa unha parte das persoas empresarias de hostalería de Ferrol "Via Ferrol" . Antes de facer a súa proposta querían escoitar as propostas das comparsas..

As propostas das comparsas.. a idea xeral que se saca  é que con a indignación que temos as comparsas polo roubo que nos fixo o PP no Antroido do ano pasado, non nos reunimos nin pensamos nunha proposta de antroido para presentarlle ao concello. O que si teñen claro a maioría das comparsas é que non se van presentar mentres non se nos pague o que se nos debe do ano pasado.

A proposta da empresa.. un antroido como se fai en outras cidades e non dixo cales. Con carrozas, teñen dúas e irían dúas comparsas enriba, con un grupo de charanga polo medio das comparsas. Saír da pza. de España e rematar na pza. de Amboaxe onde se actuaría. Entre as actuacións das comparsas, meter a un grupo de música que atraia xente.

Reunión das comparsas.. hoxe xoves 17 de Xaneiro as 8 da tarde no centro social de Piñeiros en Narón para decidir o que se fai.. onte na Revolta falamos que se as comparsas deciden non ir, que nos xuntemos ese dia a celebrar o antroido en outra praza.

Roxal, Narón, Ferrol,.. cada dia publicaremos a información que temos das diferentes festas.. Proposta de Mónica para o sábado 16 de Febreiro de ir a comparsa a amenizar na Graña o antroido na Sociedade Deportiva e Recreativa  Y da Graña.