segunda-feira, 11 de março de 2013

Acordos da asemblea, valoración do antroido, laconada..





..o antroido 2013.. en xeral moi ben, déixase para antes do antroido que ven o debate sobre os materiais a empregar, produtos tóxicos no obradoiro de traxes e a contaminación.. mirar de falar como organizamos o antroido un pouco antes..

..quedamos para recoller.. as cousas do local e limpar para a laconada o próximo venres 15 de Marzo a partires das 5 da tarde, ficou encargada de abrir o local Conchi.. proposta para construír unha estrutura que faga de faiado aproveitando a altura do local para poder gardar as cousas, pendente de concretar proxecto..

..laconada 2013.. decidiuse facer o sábado 16 de Marzo, ás 10 da mañá comézase a cociñar, de momento persoas voluntarias para cociñar están Pili, Lupe, Rosi, ..
todas as persoas da Revolta poden convidar a outras persoas que non sexan da Revolta ou que non participaran no antroido 2013, mandade un correo ou chamade a André 605 455 340 para comunicar as persoas que ides a vir á laconada antes do venres..
..cada persoa ten que levar os seus pratos, cubertos, vasos e un asento a poder ser un tallo pequeno para que collamos mellor nas mesas..
..decidiuse mercar a carne no mercado de Caranza, e reducir as cantidades pois o ano pasado tivemos que conxelar o que sobrou e facer outra laconada nos maios..

mercar a carne e as patacas.. André

9 kg lacón
7 kg touciño
8 kg costela
5 kg cachola
6 kg chourizo
10 kg patacas

aportación de grelos de diferentes hortas.. Isma, Pili, Vanesa, Paqui, Marta G., Fátima, Segundo, Crispi, Daniel, André..

mercar o pan.. Rosi

18 barras do país

mercar produtos varios.. Vanesa

azúcar
café
leite
fideos
xeos
servilletas
rolos cociña
rolos bater
manteis..

mercar de beber.. Nieves

zumes
refrescos
auga
cervexa
cervexa 0%
vermut..

traer fogóns, potas e bombonas.. Pili

intentar traer algúns cabaletes e bancos.. Rafa