domingo, 31 de outubro de 2010

Anuncio Foros Civicos Solicitude colaboracion e Difusión

Estimados/as veciños/as,

Achégase o anuncio sobre os Foros Cívicos que inclúe o calendario coas temáticas; así poderedes imprimilo e distribuílo nos vosos taboleiros de anuncios e lugares que estimedes oportunos para a súa divulgación.

É moi importante mobilizar á maior cantidade de persoas posible, en especial para a realización dos dous primeiros Foros, do día 5 de novembro (Democracia Participativa) e o sábado 6 de novembro (Políticas de xuventude), xa que contamos con menos tempo.

Se precisades calquera cuestión, contactade con nós.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo,


Maica Rodríguez Freire
Técnica en participación cidadá
Casa do Concello. Praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol
Tel: 981.944.015 / 981.944.219 / Ext. 202