quinta-feira, 23 de junho de 2016
Lumeirada 2016
LUMEIRADA D'A REVOLTA 2016
Todo preparado. Hoje orvalha, mas nom imos desistir no nosso intento de prender lume a nossa Lumeirada como assim vimos fazendo desde que nos juntamos, en 1997, para compartilhar os nosso anceio comum de justiça e solidariedade, e a defensa da língua e da cultura popular da Galiza.
Ano pos ano, a gente d'A Revolta organizamos a Lumeirada para celebrar a entrada do veram. A música, as sardinhas, chouriços e o lume, fam parte principal do dia.
Desde as 6 da tarde do 23 até as 2 da madrugada do 24 de Junho, estaremos no Campo da Lumeirada em Caranza.
Antes das doce da noite prendera-se a Lumieira e as dúzias de pequenas fogueiras por todo o antigo campo da terra batida de Caranza, nas proximidades da zona onde estava o Muinho de Cartagena, centos de pessoas participaremos na tarde-noite, vizinhos e vizinhas imos gozar do lume e a música.
*************
sábado, 7 de maio de 2016
Os maios d'A Revolta 2016 - Em Canido e Caranza
Domingo 8 de Maio: Os Maios en Canido
Este domingo 8 de Maio de 2016 vemos-nos em Canido para construir o Maio d'A Revolta.
Trazer flores e xestas, laranxas e ovos cozidos coa cascara.
Levar traje tradicional, pandeiretas, gaitas, tamboriles e bombo.
Aguardamos por tod@s vós, nom faltar.
Aviso, para o sábado 7 de Maio.
Para quem queira, informar também que este sábado 7 de Maio, coincidindo coas Festas de Canido, gente d'A Revolta, algumha que nom pode participar o domingo, vai fazer um Maio em Canido. Se queres participar estaram na Rua Alfonso López desde as 12 do médio-dia.
Sábado 14 de Maio: Os Maios em Caranza
O vindeiro sábado 14 de Maio, celebraremos Os Maios em Caranza, no Parque 'Carmelo Teixeiro', desde as 11 da manhá, logo xantaremos no parque que cada quem traia al de comer e beber, para compartir. Trazer flores e xestas, laranxas e ovos cozidos coa cascara. E quem o tenha, o traje tradicional, pandeiretas, gaitas, tamboriles e bombo.
A Revolta de Trasancos (Colectivo Sociocultural)
Centro Social d'A Revolta
Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2
Praza do Anfiteatro das Rosas- 15406 Ferrol - Galiza
arevoltadetrasancos@gmail.com
https://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com.es/
---

sexta-feira, 5 de fevereiro de 2016
Axenda do Antroido 2016 - "Holi Revolta"
Este Antroido imos participar nos mesmos sitios que o vimos facendo nos últimos anos. Neda, Narón, Ferrol, Fene e Ultramar (Ferrol) no "Enterro da Sardiña". En Neda variamos, o cambio de goberno municipal, fixo que se recuperara o Antroido para a Vila, que se mantivo vivo n'O Roxal da mán da súa asociación veciñal, perante estes anos.
Axenda para este ano 2016.
NEDA.- Venres 5 de Febreiro, ás 8 da tarde na avenida Castelao (Antiga Estrada da Estación), para saír media hora máis tarde, non máis. O Concello na súa páxina web informa da programación e Bases (Ir á Web). O percorrido até o Pavillón Municipal son sobre uns 1.200 metros. Imos de cuartos, somos nove comparsas en total. Ao final das actuacións entregaran-se as distincións, pois os premios non son en metálico, aínda que cada comparsa ten unha axuda de 250 euros. as tres distincións son: por animación na rúa, por mellor crítica social e por vestimenta. Logo haberá un grupo que amenizará un baile de Antroido.
NARÓN.- Sábado 6 de Febreiro, ía-mos facer pasa-rúas, mais como as predicións meteorolóxicas din que vai chover, o Padroado de Cultura, avisou-nos para que estivésemos ás 5 da tarde no Pazo da Cultura. Información detallada no sitio na rede do Padroado (Ir á Web). Participamos dez comparsas e nós actuamos de sétima. As comparsas de fóra de Narón temos unha axuda de 300 euros, ás de Narón levan 600.
FERROL.- Martes 9 de Febreiro.
FENE.- Mércores 10 de Febreiro.
ULTRAMAR.- Venres 12 de febreiro. Enterro da Sardiña.

Subscrever:
Mensagens (Atom)